ை A panificadora de Vigo

ilcanallarubens_panificadora_Vigo_2015_00

A recuperación do histórico inmoble segue sendo unha materia pendente. Malia as promesas políticas durante os últimos vinte anos. Mentres as promesas saen das chisteras dos políticos a panificadora apodrécese sen remedio.

A panificadora de Vigo é unha antiga fábrica de pan, fariñas e outros subprodutos da panificación, coma pensos para animais e pastas alimenticias. Estivo en actividade produtiva entre 1924 e 1980. Atópase no centro da cidade, no barrio da Falperra; a media ladeira, entre o cumio do Castro e a ribeira do Berbés. A construción caracterízase polo uso masivo de formigón armado, unha solución de enxeñería novidosa na súa época.

No Concello non se moveu nin unha soa ficha para avanzar na reconstrución e os colectivos cidadáns volven á carga temerosos de que este símbolo da arquitectura industrial de Vigo siga o mesmo camiño que a maioría dos edificios destas características.

Nos últimos catro anos, o Concello gardou un mutismo total e, como moito, ao ser preguntado algunha vez polo tema, Caballero respondeu algo similar a: segue o seu curso.ilcanallarubens_panificadora_Vigo_2015_01

Na actualidade a propiedade da Panificadora encontrase repartida entre dúas empresas inmobiliarias, INVOGA e Promociones Montelouro S.A., e a CVPSA. Dende 1988 estas promotoras fecharon un convenio co concello de Vigo para a demolición e reedificación pero este convenio, integrado no PEPRI, inda non puido ser executado por cuestións legais. Namentres a Panificadora está sufrindo un proceso de ruína, con espolios e incendios incluídos. Tan só os baixos comerciais da Falperra manteñen un certo nivel de uso.

Por outra banda, a ruína non está impedindo o seu creciente recoñecemento coma senlleira testemuña da industrialización e coma símbolo da cidade viguesa. A leira da Panificadora foi promovida polo COAG coma Ben de Interese Cultural, catalogado pola fundación DoCoMoMo (Documentación y conservación del Movimiento Moderno en España y Portugal) e parcialmente integrado no Conxunto Histórico-Artístico do Vigo Vello. A máis, arquitectura, historia e imaxe da Panificadora ten sido obxeto de multitude de documentais, reportaxes televisivas, unha novela (Panificadora, de Xosé Cid Cabido), artigos de prensa e iconografías, sempre en moi estreita relación coa identidade viguesa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: