ை Álvarez en Loita

ilcanallarubens_alvarez_vigo_granmani_2015_00Foi hai 19 anos cando Vigo se envorcou nas rúas para tratar de impedir o peche e desmantelamento do Grupo de Empresas Álvarez, unha das máis emblemáticas da cidade. Miles de persoas camiñaron en manifestación dende o Calvario ata o centro da cidade. Era algo máis que unha reivindicación. Representaba o sentimento cara a unha empresa que chegara a ter máis de seis mil traballadores. Nese mes de abril, os que quedaban nos seus postos de traballo levaban sen cobrar moitos meses e aínda que pasase 19 anos desta loita naDetroit Viguesa hai aínda xente traballadora que aínda non recibiron o seu soldo e algunha xa faleceu sen recibir o seu diñeiro, aínda hai algún litixio na actualidade nos xulgados. Non puideron evitar que a empresa desaparecese co paso do tempo.

No mes de abril de 1996 intensificouse a loita dos traballadores do Grupo de ilcanallarubens_alvarez_vigo_granmani_2015_01Empresas Álvarez por salvar a empresa e tamén os seus postos. Lograron o seu propósito de conseguir a mobilización cidadá e tamén política. Tamén o dun gran número de compañeiros doutras grandes empresas. Xa cargaban cos problemas que supoñía estar sen cobrar oito meses. As mobilizacións chegaban a algúns dos seus momentos máis rechamantes.

Os traballadores non cesaron no seu empeño para encontrar solucións. As súas protestas foron numerosas. Algunhas delas impactantes. Chegaron a paralizar o tráfico aéreo en Peinador como tamen paralizar a estación de ferrocarriles. Reclamaban a axuda das institucións públicas e un proxecto de futuro, ademais de solucionar os problemas do pasado. A manifestación que se desenvolveu en Vigo pode considerarse histórica. Reuniu representantes políticos de todos os partidos. Pero tamén a “compañeiros” doutras empresas.

Máis de 50.000 persoas sumáronse á iniciativa. Moitos comercios pecharon as súas portas ás sete da tarde. As grandes empresas tamén paralizaron a súa actividade durante dúas horas na maior parte dos cargos. A solidariedade mesmo chegou a lugares próximos á cidade. O conflito de Álvarez convertérase nun fenómeno social no que ninguén parecía disposto a ceder. Pero loitas como esta puseron naquel enton Vigo como referente da loita da clase traballadora a nivel estatal.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: