ை O Ártico está a punto de pasar á historia.

ilcanallarubens_salvaelartico_2015_OSPARAs próximas dúas semanas van ser cruciais para a proteción do Ártico. O convenio OSPAR ten na súa man escoitar os sete millóns de persoas que asinaron a petición para protexer a primeira parte do Ártico. E poden pasar á historia como os primeiros que protexeron o Ártico.

Pero, que é OSPAR? É o instrumento legal para a protección do medio mariño do Atlántico Nordés. O seu nome xorde de dous convenios anteriores (OSlo e París), e está composto pola Unión Europea máis os 15 países cuxos ríos desembocan no Atlántico Nordeste. E o máis importante: só OSPAR pode establecer unha área mariña protexida de acordo ao Convenio de Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar.

Así que está nas súas mans o poder de protexer a parte atlántica do Ártico, o que supón 232.650 quilómetros cadrados – o 10% das augas internacionais do océano Ártico. Se OSPAR decide outorgar o premio deste ano ao Ártico mediante a creación desta primeira área mariña protexida, teremos conseguido poñer a primeira pedra para establecer o Santuario Global!

Por iso estes días son cruciais para facer que os delegados deOSPAR crean no Ártico. Temos que apoiar os delegados que xa están no bo camiño, avalados pola voz dos 7 millóns de Defensores do Ártico. Teñen que asegurar que os beneficios das compañías petroleiras non se antepoñen aos intereses do resto do mundo.

De modo que o sono do Ártico pode empezar a cumprirse este ano… e OSPAR pode facelo realidade. Estarán á altura das circunstancias?

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: