ை Vigo flashback: Proxecto novo Concello de Vigo

ilcanallarubens_visataereanuevoayuntamiento_2006_2015No ano 2009 Moneo formulaba eliminar a torre do Concello da cidade Detorit Viguesa para prolongar o paseo do Castro mentres que Abel Caballero evitaba dar cifras do custo deste proxecto de Moneo, dicía Cabaleiro por aquel entón que precisaba que se levará a cabo “se a cidade o quere”.

O arquitecto Rafael Moneo presentou o 19 de xuño do 2009 en Vigo o seu proxecto de reforma do Concello e o seu ámbito, un proxecto que formulaba naquel entón a eliminación do actual edificio consistorial e a súa torre, en favor dun novo inmoble no que tamén se integraría a Xerencia de Urbanismo, actualmente nun edificio a parte, na Praza do Rei.

Segundo explicou Moneo naquel entón, a actuación tenia como finalidade “facer posible a convivencia entre a cidade e a natureza” e recuperar o medio”, polo que aposta por prolongar a zona verde do monte do Castro ata o desparecido castelo de San Sebastián. Para iso, elevaríase a cota do ámbito do Concello uns 5 ou 6 metros para salvar o desnivel, e crearíase unha gran praza miradoiro que permitise recuperar as vistas á ría.

En canto ao novo edificio municipal, construiríase nun lateral da praza e proxectaríase en horizontal, cunha superficie de case 19.000 metros cadrados. Tería unha marquesiña acritalar e, entre outros servizos, un auditorio de 400 prazas).
Por outra parte, permitiríase o acceso dende o Paseo de Alfonso a través dunha escaleira mecánica, e actuaríase tamén na zona de Camelias e da panificadora –que se conservaría–, onde se prevé outra praza e edificios de uso dotacional e comercial.

O proxecto tamén recogia a creación dun aparcadoiro subterráneo de varias plantas (con capacidade para unhas 1.330 prazas) e cambios na rúa Cachamuíña, que pasaría a estar soterrada en parte para permitir que se eleve a praza principal á altura de Camelias e do Castro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Custo e financiamento

Con respecto ao custo de execución desta iniciativa de remodelación, Rafael Moneo evitou precisar cifras e matizou que se trataría de “un guión, non un proxecto”. Non obstante, recordou que actuacións como o aparcadoiro ou as zonas comerciais, se poden “autofinanciar”. “O custo e o financiamento son algo que corresponde a outro momento”, aseverou, e apuntou que “o que se propón é verosímil”, e que “o que necesita é a sensación de que gusta á xente, porque non se pode abordar se unha parte maioritaria da cidade lle dá as costas,”.

Nese sentido, o alcalde, Abel Caballero, coincidiu en sinalar que “o seguinte paso” tras a presentación naquela data é “a opinión cidadá”, e que a reforma deseñada por Moneo “se levará adiante se a cidade quere”. “Este non é un proxecto do alcalde ou do Goberno municipal, ten que ser algo da cidade e require un nivel importante de apoio e contribucións”, apostilou o rexedor cousa que non fixo na actualidade co caso do Bernardo Alfageme que autoimpuxo e incumpriu os acordos prenarios facendo a súa decisión sen contar coa cidadanía.

Este proxecto cando se presento o voceiro da oposición, o concelleiro do PP José Manuel Figueroa, riscou a presentación do proxecto como unha “megafantasía” do alcalde, enmarcada na “política de dilapidación” de Abel Caballero. Advirtio de que a iniciativa é “irrealizable” e un “insulto á intelixencia” porque non é o momento de presentar isto cando hai moitas familias que o están pasando mal”.

Por outra parte, Figueroa criticou que non se tivese invitado ao PPao acto de presentación, no acto se estiveron presentes representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, corporativos, e o director de Caixanova, Luis Pego. A ese respecto naquel entón, advertiu á entidade financeira galega que “sería grave que Caixanova apoiase esta fantasía que non sabemos o que vai custar, mentres que denega créditos a familias, comerciantes e empresarios” dicía Chema Figueroa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: