ை Vigo flashback: Proxecto recuperación da Panificadora

ilcanallarubens_panificadora_Vigo_2011_ProyectoBibliotecaO proxecto que manexaba o Concello no ano 2011 era instalar a Biblioteca Pública do Estado no soar da Panificadora conserva ao completo as edificacións da antiga factoría. A sede aloxaríase no edificio principal, onde o Ministerio de Cultura demanda entre 4.500 e 6.000 metros cadrados de superficie para situar toda a súa oferta de servizos e actividades. O espazo dispoñible é superior, co que o departamento de Urbanismo propón na planta baixa unha sala de exposicións temporais acritalar de 500 m2. Os característicos silos, a única construción, que gozaba de protección ata agora destinaríanse a gardar os fondos do arquivo municipal, unha idea que se baralla dende hai anos, posto que a ordenación prevista no Plan Especial do Casco Lanuxe incluía a cesión dos seis almacéns de gran ao Concello. O concelleiro José Mariño explicou naquel entón “o proxecto estase a pechar en coordinación cos técnicos do ministerio”.

Pero o antigo complexo industrial aínda dispón doutras edificacións paralelas a ambos os dous lados da principal e separadas por espazos que se converterían en rúas interiores. A nave orientada cara á Rúa Santiago xa está conectada coa fábrica orixinal, tanto a través da estrutura coma por unha galería. O plan de Urbanismo era naquel entón trasladar alí escolas municipais artísticas. Mariño citaba en particular naquel entón “a de danza e a de teatro, sen descartar outras”, esta de danza e a de teatro na actualidade foron situadas en Navia. Esta nave é a que mellor estado presenta debido a que o teito se cobre de auga coa chuvia en inverno, o que a impermeabiliza. O edificio principal, vítima do abandono como o resto do conxunto, sufriu varios incendios que destruíron en parte a primeira planta, incluído un anaco da cheminea. Esta sería restaurada dentro do plan para a Biblioteca do Estado, xa que se conforma como un sinal de identidade do complexo, O ministerio correría co gasto de todo o relacionado coa sede, mentres que o Concello asumiría a reforma das instalacións restantes e os espazos exteriores.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aínda quedaría por ocupar o conxunto de edificacións que dan á fronte da rúa Falperra, dende o cruzamento con Cachamuíña ata o Paseo de Alfonso. Foron as últimas das construídas en La Panificadora e están datadas nos anos sesenta do século pasado. Aquí, segundo Mariño, instalaríanse aulas de estudo para satisfacer a demanda destes espazos entre os estudantes da cidade. “Son moi solicitadas e serían un complemento á biblioteca”, apuntaba naquel entón. Como apoio a toda a actividade cultural proxéctanse nas naves pequenos locais comerciais e cafetarías. Este conxunto e a edificación cara á rúa Santiago suman unha superficie de 5.000 metros cadrados. Ao complexo accederíase a través da fronte por Cachamuíña.

A historia de La Panificadora, que no momento da súa apertura foi a máis moderna de España, contaría tamén cun lugar entre os novos usos do complexo. “Temos abundante documentación, planos e información, e a Xerencia está a solicitar máis. Haberá un espazo para consultala, porque é un símbolo do Vigo industrial,” engadiu Mariño naquel enton. Ademais do soar, o proxecto inclúe a expropiación de terreos exteriores no ámbito da rúa Santiago decia de aquel enton Mariño, actuación esta xa estaba prevista no Plan Xeral re apunta Mariño. Na actualidade xa se expropiaron ditas vivendas pero ainda sen rasto deste proxecto no cal se gastaron moitos cartos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை Vigo flashback: Proxecto recuperación da Panificadora

  1. Eva 28 enero, 2016 en 10:53 AM

    hola! hay alguna forma de contactarte por email? quiero preguntarte algo!

    lapizverde@hotmail.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: