ை A política nas miñas entrañas

ilcanallarubens_POLITICA_2015

En política aprendes a crer en ideais con firmeza mentres aprendes a curarte das traizóns.

Canto máis te traizoan máis firme podes volverte nas túas conviccións. Cantas máis cousas horribles ves, con máis forza sénteste para loita por como deberían ser.

As trampas que che fan sérvenche para aprender en cada momento a estar á espreita, a pensar rápido, a reaccionar, a non esquecer para estar máis esperto, a non as utilizar xamais, a velas vir cando volven aparecer no teu camiño.

Aprendes a desconfiar de calquera. Mentres tanto, adquires a capacidade de analizar cada persoa nova que chega: encontras así a oportunidade de entregarte con ganas aos auténticos. Porque son como oasis nun deserto e os coidas como a un tesouro. Sabes cada día máis da súa valía.

Os bos compañeiros en política son algo como familia, dun sangue que se forxa en vivencias extremas, asombrosas, dolorosas. Soamente quen loitou unha batalla saberá valorar os que se mantiveron firmes, leais, honestos e sobreviviron por facelo xuntos.

Na actividade política aprendes a comprender as limitacións, a aplaudir as capacidades, a interpretar as mesquindades, a xulgarte a ti mesmo. Empatizas con calquera que sofre e alcanzas a sa empatía que non che resta forzas para loitar e ser motor.

Xeras paciencia para escoitar, flexibilidade para acordar, firmeza para cumprir. Orgullo para perder.

E cada día creces e envelleces rápido para descubrir que sempre queda tempo para logralo.

Política é buscar solucións, imaxinar propostas, analizar, sumar e cuestionarte cada minuto un por que.

Política é saír á rúa e escoitar cada un dos cidadáns e apoialos en todo o que son as súas loitas e as súas carencias.

Política é vocación. É amor. É forza e realidade. É superación. Política é humanidade.

Política é o que nos fai falta. E persoas auténticas para que a recuperen. Agora está secuestrada. Hai alternativa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: