ை Un ano do nacemento dun movemento global contra os mega-acordos mercantilistas.

ilcanallarubens_NONaoTTIP_2015_LOBBISVSCONTINENTES

Hai xa un ano ninguén podería ter previsto o nacemento dun movemento global contra os mega-acordos mercantilistas, nin a mobilización polas rúas de decenas de miles de persoas en todo o mundo. Ben, pois isto é realidade, sucedeu por primeira vez o 11 de outubro de 2014 e xusto agora o 18 de abril de 2015 volveu pasar.

Dende Hawai ata Arxentina, EUA, Europa, Senegal, Paquistán, Bangla Desh, Xapón, Corea e devolta ás illas Fidji, os cidadáns de 48 países dos cinco continentes pronunciaron un “non” vehemente, creativo e inssistente aos TTI, TTIP,CETA e outros acordos semellantes.

Soamente en Europa, varias decenas de miles de persoas marcharon en Vigo, Madrid, Barcelona, Múnic, París, Viena e moitas outras cidades. Globalmente 734 accións organizáronse e delas aproximadamente 650 foron en Europa. Comparado co Dia de Acción Global de outubro, o número de eventos incrementouse así como o número de países participantes.

O 18 de abril cidadáns e voluntarios recolleron miles de firmas para a ECI STOP TTIP. Entre o 8 e o 10 de xuño o Parlamento Europeo votará unha resolución sobre o TTIP e o seu, o importante, o grandiosos sería alcanzar o obxectivo de dous millóns de firmas a tempo desta votación.

A propósito do gran momento: grazas ao voso apoio ao Tour do Lapis Xigante! As vosas xenerosas doazóns converteron a idea nunha flamante realidade! Dous lapis xigantes están preparados para a acción e de camiño a Romanía e Dinamarca para a súa estrea o primeiro de maio. Ao mesmo tempo as inscricións dende distintospaises para recibir a visita do Lapis van aumentando, tamén durante os traxectos. Recibimos moitos convites para visitar moitas cidades nas festividades principais que se suceden en verán. Como planificamos os percorridos cremos que poderemos aproveitar cada momento e dar conta del no blog e os medios de comunicación.

Grazas polo voso apoio e os mellores desexos,
Equipo de campaña Stop TTIP

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: