ை Vigo flashback: Proxecto do bulevar entre Travesas e Samill

ilcanallarubens_El bulevar entre Travesas y Samill_2014_2015

Por maio do 2014 informábase un novo proxecto para a cidade de Vigo, Abel Caballero o gobernante da torre do concello da Detroit Viguesa fixaba en 22,5 millóns a conexión “verde” Travesas-Samil, un BULEVAR en que o comparo co Central Park. A actuación esixiría expropiacións e compensacións a un centenar de propietarios da avenida de Europa.

O departamento municipal de Urbanismo fixo o custo total da anhelada conexión permanente entre o centro urbano e a praia, isto comunícou o departamento fai xa un ano o día 5 de maio, o denominado plan especial que inclúe un paseo peonil e outros servizos para comunicar directamente Samil co centro urbano a través de 3,5 quilómetros, deles os 1,7 xa existentes Coia e os outros 1,8 quilómetros a desenvolver na avenida de Europa, cun BULEVAR de 30 metros de ancho. Segundo as contas municipais o pasado ano, faría falta un gasto de 22,5 millóns de euros, que se dividiría entre os 11,7 millóns para indemnizacións (2,28 millóns) e expropiacións (9,47) dos terreos necesarios, e outros 10,8 millóns para a urbanización.

Urbanismo remitiu de aquela xa datos sobre os pasos dados, iniciados en 2008 cun anteproxecto e que se aceleraron dende febreiro de 2012 cun estudo a fondo dos arquitectos do estudo Quijada, Portolés e Fraga. Pasado os dous últimos anos, Urbanismo de Vigo ten solicito varios informes, sobre todo a Fomento, ao afectar o ámbito da actuación con Navia, ademais de realizar a cuantificación de como se podería desenvolver o BULEVAR e cal sería o procedemento.

En total, trataríase de algo máis dun centenar de propietarios con terreos incluídos en seis urbanizacións a desenvolver entre o cruzamento da rúa Tomás Paredes con Castelao ata a avenida de Samil. A superficie contemplada alcanza os 116.473 metros cadrados pero só restan 46.785 metros do ámbito da avenida de Europa, o resto son zonas de Navia e Coia de titularidade pública. Unha vía para conseguir as parcelas sería mediante a cesión pero, como recoñecen os autores do traballo, o seu desenvolvemento “fai incerto no tempo a dispoñibilidade dos terreos necesarios”. Outra posibilidade que se barallaba sería a permuta por terreos de patrimonio municipal aínda que ten algúns problemas, sendo o primeiro a determinación do aproveitamento urbanístico do propietario afectado e a indemnización. En todo caso, os autores do estudo sinalaban por aquel entón que a expropiación forzosa poderá utilizarse para executar fases completas mediante a declaración de utilidade pública e interese social, que xa se tería logrado ao considerarse implícita na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e na consideración do devandito ámbito como sistema xeral de espazos libres e zonas protexidas da cidade. “Non obstante, na expropiación forzosa procurarase o acordo amigable para o pagamento en especie ou o recoñecemento de aproveitamentos futuros, acordo ao que se poderá chegar en calquera momento da tramitación,”. “Faise preferible articular a obtención dos terreos mediante convenio urbanístico cos propietarios”, engadiron os arquitectos naquel entón, que obrigaba a prever as indemnizacións en metálico ou as compensacións aos afectados mediante aproveitamentos. O informe estima 95 euros o metros o custo de urbanización en avenida de Europa e outros 25 en Castelao, xa consolidado.

Segundo a información que posúo este proxecto podería facerse realidade se nestas municipais do 2015 Abel Caballero gaña por maioría absoluta senón fose así este proxecto remataría como outros tantos nun caixón despois de custar diñeiro publico.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: