ை Brent Spar, o Ártico e OSPAR. A historia repítese

ilcanallarubens_SAVE THE NORTH SEA STOP SHELL_2015

Estes días estamos falando moito de películas, porque queremos que a do Ártico teña un bo final e que sexa protexido. E como os clásicos do cine hai películas e historias que paga a pena recordalas e volver velas e mesmo nos poden resultar de actualidade anos despois.

De feito, buscando imaxes desta campaña chámame a atención que ben valerían esas imaxes para contar a nosa historia de agora no Ártico. Só habería que cambiar “North Sea” por “Arctic” e estariamos en 2015. A historia repítese. (Foto de 1995).

ilcanallarubens_STOP SHELL_2015

O día 30 de abril cúmprianse 30 anos dende que Greenpeace iniciara a campaña contra a plataforma Brent Spar, cun protagonista coñecido: Shell.

En 1995 Shell decidiu que xa non quería facer uso da plataforma Brent Spar que tiña operando no mar do Norte e obtivo (sorprendentemente) o permiso de Reino Unido para afundir as súas 14.500 toneladas tal cual no océano Atlántico.

Greenpeace, que tiña neses anos unha campaña contra a eliminación de instalacións nos océanos, pasou á acción e subiuse á plataforma arrepor lle á entón empresa petroleira máis grande do mundo. As imaxes dos activistas enfrontándose aos canóns de auga e a pancarta despregada espertaron unha gran cantidade de protestas espontáneas por toda Europa contra Shell. Algunhas gasolineiras de Shell en Alemaña reportaron un 50% de perdas nas súas vendas e o entón Chanceler Kohl levou o asunto ante o Reino Unido durante unha reunión do G7.

A pesar da negativa do Reino Unido a dar marcha atrás á autorización de Shell para afundir a súa instalación, a presión pública fixo demasiada rotura na imaxe de Shell que finalmente decidiu desmantelar e reciclar a plataforma Brent Spar en terra.

Pero a vitoria non quedou aquí, senón que alcanzou unha dimensión moito maior e significativa e con outro protagonista coñecido e de actualidade. Unha semana despois de que Shell abandonase o seu plan de afundir a plataforma, OSPAR votou unha moratoria sobre a eliminación no mar de instalacións de petróleo e gas. Outro paso decisivo na protección do medio mariño.

30 anos despois, hoxe non só recordamos a historia, senón que pedimos de novo a OSPAR (a Convención internacional que regula a protección do medio mariño do Atlántico Nordés), que de novo dun paso cara a diante e lidere a protección do Ártico. Na súa man está protexer un 10% do Santuario Ártico para que empresas como Shellnon poidan perforar nas súas augas.

Que podes facer ti?

Dille os delegados de OSPAR que tamén queremos un final feliz para esta historia dándolle aquí

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: