ை Hoxe pode ser que o Ártico se salve

ilcanallarubens_É a hora de protexer o Ártico_2015

Chegou o momento… A protección do Ártico! Os delegados de OSPAR reúnense hoxe martes 5 de maio en Londres e teñen nas súas mans poñer o primeiro fito na carreira para lograr o Santuario Ártico. OSPAR é o convenio da ONU encargado de protexer o Atlántico Nordés, que inclúe case un 10% do Océano Ártico. Este ano poderiamos lograr un compromiso coa súa protección.

É moito o que nos xogamos. Por iso as nosas miradas están postas en Londres, nesa comisión que ten nas súas mans unha enorme decisión. “Un gran poder leva consigo unha gran responsabilidade”, dicían nunha popular película de superhérores. Os nosos superheroes son agora os delegados da Comisión Ospar, cun enorme e fermoso reto ante eles: dar o primeiro paso na protección do Ártico.

Este vídeo é o noso particular homenaxe. Para animalos. Para que saiban que lles miramos, que estamos pendentes. Que queremos que, unha vez máis, estean á altura. Que esperamos ansiosos noticias súas para celebrar ese final feliz que o Ártico e o planeta merecen.

Case un millón de persoas viuno xa! Axúdanos a ser moitos máis! Axúdanos a lograr ese primeiro paso para lograr a protección do 10% do Santuario Ártico!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: