ை O boxeador estadounidense Floyd Mayweather vaise de retirada

ilcanallarubens_DeRetirada_FloydMayweather_2015

O boxeador estadounidense Floyd Mayweather confirmou, minutos despois de bater ao filipino Manny Pacquiao na pelexa polo título mundial unificado do peso welter, que en setembro pelexará por última vez. Como é pouco posible que volva medirse a Pacquiao no prazo de catro meses, esta decisión pecharía en principio a posibilidade dunha revancha do ‘combate do século’, gañado aos puntos polo estadoundiense.

“A miña última pelexa será en setembro. Logo, deixareino, dixo aínda sobre o ring, tras gañar por decisión unánime o “combate do século”.Mayweather, de 38 anos, alongou o seu palmarés invicto a 48-0 e se vence en setembro un rival aínda por definir, retirarase sen coñecer a derrota, emulando o 49-0 do mítico Rocky Marciano.

Ao estadounidense quédalle unha pelexa das seis que asinou por contrato coa cadea de televisión Showtime en 2013. Polo que se esta escoitando o próximo rival e ultimo de Floyd pode ser o Arxentino Lucas Matthysse. A súa última derrota produciuse no campo afeccionado, nas semifinais dos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. dende entón só coñece a vitoria.

Doulle grazas a Deus polo triunfo e aos afeccionados que viñeron a Las Vegas para vela, dixo Mayweather mentres aínda se escoitaban os apupos de boa parte do público que encheu as 16.800 localidades do auditorio do MGM Grand Casino de Las Vegas. ‘Money‘ admitiu que Pacquiao era un bo boxeador que tivo os seus momentos, pero que fixo os axustes correspondentes e todo quedou solucionado. Fun o peleador máis intelixente, xa o anticipara. El é un campión, é duro, un bo peleador, pero unha vez que me saín da súa distancia non puido agarrarme de novo. Fun mellor esta noite”, valorou o campión invicto, que fixo unha radiografía bastante acretada do sucedido no cuadrilátero.

“En setembro estarei listo outra vez”, recalcou Mayweather sobre a que, asegura, será a súa última aparición nun cuadrilátero. “Vou pelexar unha vez máis e despois ireime, case teño 40 anos, estiven 18 na elite”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: