ை Sexas como sexas, Apps para coñecer xente e ligar

ilcanallarubens_ ligar en la red_ app _Meetic, Tinder y Badoo_2015

Coa progresiva dixitalización da nosa sociedade, era de esperar que a forma de relacionarse entre as persoas cambiase e que, especialmente, se transformase o xeito en que coñecemos xente ou en que nos achegamos a persoas novas para nós.

Nese sentido, hai xa varios anos que as plataformas de contactos como Meetic, eDarling ou Match.com son algo habitual nos nosos ámbitos. Hoxe en día é complicado que, no noso círculo de amizades, non haxa unha persoa polo menos que coñecese alguén especial a través deste tipo de servizos.

Ademais, o auxe dos dispositivos móbiles fixo que este tipo de plataformas dean o salto tamén ás nosas mans, incorporando ademais funcionalidades como a geolocalización para permitirnos coñecer xente que está preto da nosa posición.

Meetic, Tinder e Badoo, as raíñas do mercado

Algunhas das web de contactos tradicionais tamén viron replicado o seu éxito no ámbito móbil. Un bo exemplo diso é Meetic (con appspara Android e iOS), que permite, entre outras funcións, saber en tempo real se hai algún usuario interesado en nós, así como aplicar a geolocalización para encontrar persoas afíns preto de onde nos encontramos.

A plataforma Badoo (Android e iOS) tamén permite encontrar persoas con gustos similares aos nosos, que saen de festa pola mesma zona, etc. Cun público máis novo que o anterior, Badoo é unha das apps máis coñecidas para ligar entre os adolescentes do noso país.

Mención á parte merece a app entre as apps para ligar: Tinder. Con millóns de usuarios en todo o mundo, esta aplicación para Android e iOS permite coñecer xente nova con tan só intercambiar “likes” nunha foto. Para que complicar o amor? Esta plataforma permite, ademais, compartir a nosa situación para encontrar posibles persoas de forma rápida.

Ao abeiro de Tinder chegaron outras apps como Grindr (Android e iOS) ou Qrushr (iOS), cun funcionamento moi similar pero dirixidos unicamente a público homosexual e lesbianas, respectivamente.

Plataformas de contactos para xente “distinta”

Deixando a un lado as apps puras e duras as comúns para todos os mortais, existe todo un universo de webs e servizos de contactos para persoas, digamos, “alternativas”.ilcanallarubens_aplicaciones-para-ligar_2015

Por exemplo, “BeautifulPeople.com é unha fermosa reserva de leopardos e gacelas”. Así describía Robert Hintze a súa rede de contactos na que só se admite persoas guapas. Ten máis de 550.000 persoas “atractivas” en todo o mundo, incluíndo Estados Unidos, España, Canadá, Reino Unido, Brasil ou Rusia. Como membros desta rede teñen acceso a festas glamurosas, algunhas posibilidades de contacto con firmas de modelos, cine e televisión que utilizan o sitio.

Calquera pode intentar formar parte de BeautifulPeople, pero para poder acceder como socio hai que lograr o aprobado do resto de membros da rede, cunha taxa de éxito de só o 20%, polo que millóns de homes e mulleres son rexeitados cada día. Os e as aspirantes envían unha foto e un breve perfil. En 48 horas, os membros existentes do sexo oposto votan se admitilo ou non na súa comunidade exclusiva. E unha vez dentro, coidado con perder a figura: no nadal de 2011, 5.000 dos seus membros foron expulsados por engordar durante as festividades. Pero os feos non se quedaron atrás e TheUglyBugBall.co.uk cunha presenza importante nos países anglosaxons. Como eles mesmos publican na Web, o 50% dos ingleses son feos fronte ao 15% que son agraciados fisicamente.

Por outro lado, IntelligentElite.com é outra rede social dirixida a un nicho concreto e peculiar: as persoas cun cociente intelectual correspondente a 120 ou superior. Os membros desta comunidade internacional pertencen a un segmento da poboación mundial que corresponde aproximadamente ao 10% dela, sen ningún outro tipo de requisitos para entrar a formar parte desta comunidade. Os membros poden acceder obtendo unha puntuación de 120 no test de intelixencia da páxina ou ben acreditando resultados similares en comunidades parecidas.

Á súa vez, os ricos tamén buscan un noivo ou noiva millonarios, pero en páxinas como Millionaire Match ou SugarDaddie non podes entrar se non tes un patrimonio demostrable. Segundo a revista Forbes, os responsables destas páxinas afirman prestar un valioso servizo a solteiros ricos que están demasiado ocupados para buscar relacións sentimentais. Sobre este tipo de webs non existen datos, porque a protección dos datos dos seus usuarios é vital. En palabras deSteven Pastenack, creador de SugarDaddie, “esta xente traballa moitas horas ao día e para eles resulta moi cómodo sentarse na súa oficina e buscar a través de Internet posibles citas”. Como curiosidade, o actor Charlie Sheen foi membro de Millionaire Matchdurante algúns meses.

Para as persoas que queiran exclusivamente coñecer individuos da súa mesma crenza, poden facelo a través de redes como JewishFriendFinder para os xudeus ou BigChurch entre os católicos. BigChurch.com é un sitio de contactos para que se relacionen solteiros cristiáns de todo o mundo, con versións en inglés, portugués e español e máis 500.000 usuarios rexistrados e unha media de 1653 fotos subidas á semana. Á hora de crear o perfil, ademais dos datos persoais, solicítanos que tipo de relación temos con Deus, dende “Vou á igrexa e estou a aprender sobre el” ata “El é a miña vida, a miña razón de ser,”.

Outro caso curioso son as webs para coñecer xente a partir das súas mascotas. Dogster, Uniteddogs ou Unitedcats son claros exemplos desta moda. Nelas pódese falar dos seus animais, sobre saúde, alimentación, coidados, adestramento e moito máis.

Redes de contactos só para determinadas razas ou idades e gustos?

Trátase de redes de contactos moi parecidas ás máis populares pero nas que só poden entrar persoas de etnias ou nacionalidade específicas arredor de todo o mundo. Hai as para negros (Blacksingles), latinos (LatinAmericanCupid) de Europa do Leste ou mesmo para buscar relacións interraciais (Afroromance). Todas elas contan con entre os 10.000 membros de Blacksingles aos 6.038.385 dalgunhas redes só para solteiros asiáticos.

Nesta mesma liña encóntranse outras redes exclusivistas como GayFriendFinder, dirixida unicamente ao público gay, ou SeniorFriendFinder, na cal é indispensable ter máis de 40 anos. Ambas as dúas roldan os 300.000 socios e achegan elementos orixinais como a posibilidade de crear o teu propio blog dentro da páxina e participar no magazine oficial da Web gay.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: