ை Vigo flashback: Proxecto recuperación de Samil.

ilcanallarubens_proyecto para recuperar la playa de Samil_2009_2015

No ano 2008 o concello e o goberno Español anunciaron que se iniciarían no 2009 o derrubamento do muro do paseo de Samil concretamente este anuncio foi o día 25 de xullo. A demolición era para recuperar as as dunas comezará pola zona máis próxima á praia de La Fuente.

O cronómetro para o fin do paseo de Samil activábase a súa conta atrás por aquel entón. A súa demolición comezaría a partir do 2009. O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, acompañado pola directora xeneral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Alicia Paz, realizaron este anuncio o día 24 tras unha reunión co alcalde, Abel Caballero. “Unha vez que estea rematado o estudo técnico gustaríanos comezalo canto antes. Queremos que se empece a partir de 2009”, indicou naquel entón. Unha derruba coa que se pretendía iniciar a recuperación do sistema dunar do areal e oretranqueo da senda para que o ámbito volva á súa forma orixinaria.

As obras de demolición do paseo comezarían dende a praia de La Fuente e estenderíanse en varias fases polos preto de dous quilómetros de longo dos que presume o areal de Samil. O secretario xeral do Mar recordou naquel entón, non obstante, que a intervención requirirá de varios trámites previos como os estudos de impacto ambiental. “Hai unha débeda con esta cidade e esta actuación será un orgullo para os vigueses”, resaltou Juan Carlos Martín Fragueiro, naquel entón recordeille eu persoalmente a Juan Carlos que os devanditos informes levan estando nun caixón moitos anos, uns informes que realizou a universidade da cidade, medioambiente e un informe do senado.

As concesións de restaurantes e kioskos que hai ao longo do paseo actual non interferirán no desenvolvemento dos traballos de demolición asegurou Caballero como tamén asegurou que estes negocios non supoñerían un problema. “Na metade da praia xa non hai porque expiraron, e os que quedan están a punto de facelo”, así recordouno naquel entón. Por este motivo os técnicos decidiron comezar a derruba do paseo polo extremo que linda coa praia de La Fuente, ao ser a zona máis “limpa” e ter caducado xa a licenza do restaurante As Dornas, situado nese extremo do paseo. Recordar que do que dixo quedo resumido en facer un parque facendo así non cumprir coa súa palabra de derrubar o paseo, só cumpriu o que é o derrubamento das Dornas.

O rexedor local aseguraba que o Concello tiña a posibilidade de rescatar todas as concesións que aínda non expiraron. “As indemnizacións non serían moi cuantiosas dado que os prazos nos que caducan son moi reducidos”, argumentou Abel Caballero por aquel entón.

Do que argumentaba se quedo niso nun argumento vacio xa que volvía sacar a concurso para unha nova concesión para o JONATHANS de 30 anos, local que na actualidade está sometido a unha reforma e local que se prevé a súa inauguración a principios deste veran, tal como argumento o pasado ano 2014 que se viña un novo JONATHANS mostrando o proxecto para este local o cal poderán ver abaixo a súa presentación pública.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O rexedor local recordou no 2008 que no Plan Xeral contemplaba oretranqueo tanto do paseo coma da avenida de Samil. Unha intervención coa que se pretendía -tal e como se recollía no proxecto da Dirección Xeral de Costas- que o ancho do areal alcance ata os 100 metros.

O proxecto para recuperar o sistema dunar de Samil, que impulso o Goberno, levaría consigo a ampliación do ancho de praia en aproximadamente 65 metros dende o muro actual. Un plan que implicaría o traslado de todas as instalacións que se sitúan ao longo do paseo -restaurantes, piscinas, campos deportivos… -. Así e todo, estas non se pecharían ata que estean operativas noutras localizacións.

No bosquexo do proxecto reflectíase tamén a construción dun paseo de madeira para atravesar o areal. A avenida de Samil non só se afastaría da súa situación actual -entre 150 e 200 metros máis atrás-, senón que tamén pasaría a ser de sentido único de circulación. En canto ás zonas verdes da praia, prevíase que estas chegasen ata a estrada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: