ை A fábrica de Bernardo Alfageme adxudícanse por 11,2 provisionalmente.

Ilcanallarubens_Miau_Bernardo_Alfageme_-_Calle_San_Bernardo_-_Vigo_-_Spain_2010

A poxa da histórica e icona da conserva da cidade de Vigo, tal como informaba a factoría nun post anterior celebraríase en breves e bueno foi esta semana, se en 10 días non se presenta mellor oferta a licitación será definitiva e xa poderán facer o que desexen con ela.

El Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, acogió esta semana la subasta de la fábrica de Bernardo Alfageme en Bouzas. La histórica factoría construida en 1928 y ubicada en Tomás Alonso salía a puja pública con un valor de tasación superior a los 35 millones de euros. Y finalmente han sido los bancos, únicos postores, los que se adjudicaron provisionalmente la fábrica por 11,2 millones.

Banco Popular, Banco Pastor y Abanca ofrecieron 11,2 millones. Al ser la cifra inferior al 70 por ciento del valor de tasación, la administración concursal tendrá ahora un plazo de diez días para presentar una mejor oferta, lo que parece improbable. Una veintena de extrabajadores, que todavía luchan para cobrar las indemnizaciones, acudieron a los juzgados para pedir por lo que es sullo. Lucha que llevan haciendo desde el año 2010 desde que la empresa declaro un ERE y extinción para 190 trabajadores.

Miau Alfageme fue una de las firmas de conserveras más importantes en la historia industrial de Galicia. Un coloso del sector que recaló en Vigo hace 101 años gracias a la iniciativa del empresario zamorano Bernardo Alfageme Pérez.

No comezo da súa vida como home de negocios, Bernardo Alfageme Pérez tiña como principal actividade na súa Zamora natal o truque de peixe e sal por téxtiles, actividade que lle levou ata o mundo do salgadura ao casar con Delfina, filla dun importante industrial do sector. E de aí á conserva coa posta en marcha dunha pequena planta de enlatado de anchoa na localidade asturiana de Carreño. Home emprendedor, comprendeu deseguida as grandes vantaxes do peixe en conserva e en 1873 decantouse polo tamén municipio asturiano de Candás para levantar a súa primeira gran fábrica, co que non só gañou moito diñeiro senón que tamén elevou a súa posición social convertendo a súa familia nunha das máis influentes desa zona. Nesa mesma fábrica tamén producía unha “sidra champagne” coa marca Bernardo Alfageme.

Como outros moitos conserveros, entre os que se encontraban franceses, cataláns e, como, non galegos. Un fillo de Bernardo Alfageme, Hermenegildo, puxo o seu punto de mira no porto de Vigo, onde desembarcaban cada ano miles de toneladas de sardiña cada ano, a especie que era a materia prima da industria conservera. En 1909, a firma Bernardo Alfageme abre a súa primeira planta galega no Areal, onde os pesqueiros desembarcaban as súas capturas na mesma praia e case á porta das conserveras que se ían instalando na cidade e erixiron en poucos anos a Vigo como capital do enlatado.

A Primeira Guerra Mundial foi unha grande oportunidade para asconserveras que subministraban tanto aos combatentes coma a poboacións cuxas colleitas foran arrasadas polas bombas e o lume. O conflito e a posguerra foron a época dourada para a conserva e o que fixo que en 1928 a firma optase por construír unha nova planta na rúa Tomás Alonso, onde daba a fachada da empresa en cuxos terreos tamén se construíu a vivenda familiar. A fachada traseira, a de Beiramar, daba á Ría e as embarcacións descargaban a materia prima directamente ás dúas ramplas unidas que aínda se conservan.

O novo edificio encárgase Manuel Gómez Román, o arquitecto vigués máis destacado da época. Coas novas instalacións a firma cobra un importante impulso e sitúase ao nivel do emporio conservero dos Massó.

A Guerra Civil supón un drama para a familia Alfageme. O fundador da empresa Bernardo Alfageme Pérez, de 86 anos, e o seu neto Hermenegildo Alfageme del Busto, de 27, foron asasinados en Gijón polas milicias republicanas o 21 de setembro de 1936. O vello Bernardo Alfageme militaba no partido Reformista de Melquíades Álvarez e formaba parte da fracción máis liberal e democrática da burguesía asturiana. Sobre o terreo en que foron asasinados,Hermenegildo Alfageme Fernández, fillo e pai das vítimas, financiou, na súa memoria, a construción nos anos corenta do actual Sanatorio Marítimo de Gijón. Cando Hermenegildo faleceu o 15 de setembro de 1962, aos 88 anos, substituíuno a fronte da compañía o seu fillo menor, Antonio Alfageme del Busto, nacido en 1917, que logo sería presidente da Unión de Fabricantes de Conservas (hoxe Anfaco) e falecería en tráxicas circunstancias o 20 de abril de 1974. Dous sobriños deste último, Braulio e Bernardo, dirixiron a empresa durante varios anos. Os dous morreron relativamente novos, Braulioen 1991, con 55 anos, e Bernardo en 1997, con 62.

Nos anos cincuenta, a firma Alfageme traslada a súa produción a Vigo e ademais da mítica marca Miau lanza outras como Eureka, Alfa, La Barrentina e Basa. Reforza Miau con novas especialidades, converténdoa no buque insignia da conservera. Nos anos seguintes o grupo aposta por expandirse noutras localidades como Alxeciras, ou Grove, Ribadumia, Vilaxoán e Santoña. A súa época de maior esplendor chegaría a finais dos anos oitenta baixo a dirección deBraulio Alfageme, quen contaba como director comercial co vigués Emilio Álvarez Magadalena, o home que tivo a visión de potenciar a rede comercial e abrir novos mercados. Alfageme contaba fai apenas anos cun equipo de 400 persoas e unha capacidade de produción de 150 millóns de latas anuais, unhas 50.000 toneladas de conservas saían das súas fábricas.

E agora tras a súa poxa fálase que un centro comercial, museo e xardíns nos terreos. E unha magoa que un emblema cargado de tanta historia remate o seus días nun centro capitalista. Na ficha do Plan Xeral é complexo e contempla liberar ao edificio principal de todas as construcións anexas xerando un espazo libre de uso público arredor deste. A conservera tería usos comerciais na totalidade do edificio principal, que pode ser demolido no seu interior, conservando o exterior. Outra esixencia é que habería que deixar espazo para un museo da conserva, en 2.000 metros cadrados cedidos para tal fin. Unha idea formulada hai dez anos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: