ை Iberdrola, non criminalizar a protesta pacífica.

ilcanallarubens_cofrentes17_CiudadJusticia_Valencia_2015

Hoxe está a ter lugar a vista oral do recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Valencia. A acusación insiste en pedir case tres anos de cárcere e 360.000 euros aos activistas, por unha protesta pacífica na central nuclear de Cofrentes, propiedade deIberdrola.

Os 16 activistas xa foron absolvidos no anterior xuízo, o pasado mes de decembro, dos delitos de desordes públicas e lesións, así como o fotoxornalista independente que foi absolvido de todos os cargos.

Esta nova vista prodúcese tras os recursos presentados porIberdrola como dona da central, polos vixilantes de seguridade de Cofrontes e polo Ministerio Fiscal contra a sentenza do Xulgado do Penal número 11 de Valencia.

“Sen dúbida, Iberdrola está disposta a criminalizar o activismo pacífico que loita polo medio”, declarou Mario Rodríguez, director de Greenpeace. “Resulta dobremente hipócrita que este xigante do oligopolio enerxético, que basea o seu negocio en enerxías sucias e perigosas como a nuclear, pretenda ser unha compañía líder na loita contra o cambio climático e á vez insista en encarcerar os que iniciaron esa loita moito antes ca eles”.

“Nos 30 anos de historia de Greenpeace en España defendendo pacificamente o medio con centos de accións como a de Cofrentes nunca se condenou a ningún activista a penas de prisión. Esperemos que o que non fixo a xustiza en tres décadas non o faga agora Iberdrola“, declarou José Manuel Marraco, avogado de Greenpeace.

Dende Greenpeace, seguimos pensando que defender o medio é un dereito e un deber, tal e como consagra o Artigo 45 da Constitución. Por iso imos pedirlle a Iberdrola que non trate de criminalizar o activismo pacífico. Axúdanos a facelos chegar a mensaxe, a que nos oian, a que a resposta á defensa pacífica do medio non sexa o cárcere.

Actúa! Deixa a túa mensaxe no Facebook ou Twitter de Iberdrola e fai que todo o mundo se decate que queren criminalizar a protesta pacífica por defender o seu beneficio económico coas enerxías sucias.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: