ை Os cidadáns de Vigo secundaron onte a convocatoria da Marcha Mundial dás Mulleres de Galiza.

ilcanallarubens_ICRPhotographer_Tolerancia 0 al machismo_Vigo9Maio2015

Os cidadáns de Vigo como os de Ourense, Pontevedra, Ferrol,Compostela e A Coruña secundaron a convocatoria da Marcha Mundial dás Mulleres para condenar o asasinato machista de Isabel Fuentes Fernández o venres no CHUO.

Na tarde de onte ás 20:00h empezaba a concentración diante do Museo de Arte Contemporáneo(MARCO), Vigo en repulsa ao asasinato machista de María Isabel Fuertes Fernández de 66 anos, veciña de Verín, o lema escollido nesta concentración «Non queremos minutos de silencio. Querémonos vivas».

María Isabel entrou a formar parte dese sin fin de números que son as estadísticas do feminicídio, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación da sociedade quedou patente nas cidades xa mencionadas anteriormente, o rexeitamento da cidadania ante este cruel asasinato de María Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

María Isabel foi asasinada o venres no hospital de Ourense, onde se atopaba recuperándose da brutal agresión da que fora vítima hai un mes. A xuiza non considerou necesario poñerlle medidas de protección, xa que a muller estaba en coma e non puido denunciar que fora o seu home. Finalmente, o seu home trasladouse ata o hospital, e unha vez no hospital a remataba quitandolle a vida. NON IMOS FICAR CALADAS!! ESIXIMOS RESPONSABILIDADES!! berraron ao finalizar a lectura do manifesto

A violencia machista é unha das graves consecuencias que o patriarcado deixa na sociedade que impera. Mentres non se aborde a violencia contra as mulleres desde unha perspectiva integral, e non sexa considerada un problema estrutural, mesmo un problema de estado por parte dos poderes públicos, mentres a violencia de xénero, xunto coa igualdade e a a corresponsabilidade, non formen parte dos currículos educativos, seguiremos aturando e mesmo sendo cómplices desta violencia estrutural que está a aniquilar ás mulleres.

Esta medida ímola repetir cando se produza un novo caso de violencia machista. Ficaremos autoconvocadas ao día seguinte que se faga público unha morte. Estaremos na rúa mentres se manteñan as estruturas e os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista, este feminicidio, estas agresións e asasinatos de mulleres.

Ningunha agresión ficará sen resposta. Fronte a violencia machista, loita feminista!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: