ை 5 Dúbidas sobre a cláusula chan

ilcanallarubens_stopCLAUSULACHAN_2015

Ante a chuvia de información, noticias e novidades sobre a cláusula chan podémonos sentir un pouco perdidos. Cada semana aparecen casos que chegan aos xulgados: algunhas cláusulas chan decláranse ilegais e outras non. Pero non existe unha guía que nos aclare toda a información sobre esta cláusula. A continuación resólvoche 5 dúbidas sobre a cláusula chan con respostas claras.

É legal a cláusula chan?

Si. Trátase dunha cláusula abusiva e pouco moral, pero é totalmente legal e os bancos pódena aplicar cando queiran. Só declararase ilegal cando as entidades financeiras non informen os seus clientes da súa presenza.

Os bancos están obrigados a quitala?

Non. Só BBVA, Abanca (a antiga NovaCaixaGalicia) e CajaSur obrigáronos en maio de 2013 a quitar a cláusula chan de todos os contratos hipotecarios dos seus clientes.

Que pasa co resto de bancos?

O resto de bancos non están obrigados a quitar todos os chans das súas hipotecas. Só nos casos en que se poida demostrar que a cláusula abusiva se aplicase sen transparencia, poderase eliminar. Ademais, todos eses que consigan demostrar a falta de transparencia, poderán recuperar o cobrado de máis por esta cláusula, pero só a partir do 9 de maio de 2013, momento en que saíu a sentenza.

Se un xuíz declara abusiva unha hipoteca con chan de min mesmo banco, podo pedir que me devolvan o diñeiro?

Non. Como xa mencionamos antes só están obrigados a quitar o chan de todas as súas hipotecas 3 bancos. Se sabes que na túa entidade houbo un caso en que se devolvese o diñeiro cobrado de máis a un cliente, para poder recuperar o teu debes levar a cabo a túa propia denuncia. Isto tampouco garante ao 100% que gañes o xuízo, só se podes demostrar aos xuíces a pouca transparencia da túa cláusula.

Se decido ir a xuízo, como demostro que a miña cláusula chan é ilegal?

Unha vez decidamos denunciar e ir a xuízo, poderemos demostrar que a cláusula chan do noso contrato hipotecario é ilegal se:

O banco non che explicou ben que era cando asinamos o contrato. Pode ser que no noso contrato hipotecario (un documento de máis de 60 páxinas) apareza a cláusula chan pero con outros nomes: interese mínimo, túnel… e entón sexa aínda máis difícil decatarse que a temos. Isto é unha mostra de falta de transparencia na información precontractual.

Hai unha diferenza evidente entre o chan e o teito. O teito protexe o cliente se o tipo de xuro aplicado (na maioría dos casos o Euríbor) sobe moito, e en cambio o chan protexe o banco porque segue cobrando intereses aínda que baixe moito o índice. Se hai unha gran diferenza entre eses dous é perfectamente denunciable, da mesma forma que o seu o teu hipoteca só ten chan pero non ten teito.

Que non asinases a oferta vinculada ou nela non figuraba chan. Este é o caso máis claro de engano, cando contratamos a hipoteca sen cláusula chan, e cha aplicaron despois.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: