ை Praza Argüelles historia, Sereos e Benestar Social

ilcanallarubens_ICR-Photographer_PrazaArguelles

Polo 7 de novembro de 2014 o Concello de Vigo anunciaba que empezaría as reformas das prazas de Argüelles e a praza da Princesa nuns días, no Casco Vello, como así tamén os locais comerciais da rúa Elduayen, que ambas as dúas son de titularidade municipal.

Para poñer en marcha estas reformas o goberno local desaloxa o local de Sereos instalado durante máis dunha década nas escaleiras de acceso dende Elduayen a Argüelles. Por aquel entón a concelleira de urbanismo Carmela Silva dixo que era inmediato o inicio das obras cousa que non aconteceu así xa que empezarían no 2015, a concelleira sempre trato de desvincularse do conflito de Sereos. Para iso naquel entón foron adxudicados na última xunta de goberno local en 260.000 euros uns traballos que se alongarían durante dous meses.

O proxecto prevía mellorar as escaleiras de acceso a Argüelles eliminando os dous pequenos establecementos comerciais que ocultaban parte da escalinata, pero non se dixo que para estas melloras o local onde estaba Sereos se eliminaría as prezadas cerámicas que a súa fachada posuía, cerámicas postas en 1920 despois que o comercio minorista se traslada da rúa Real e Elduayena o Príncipe e o almacenista instálase sobre todo en Colón e García Barbón, as devanditas cerámicas foron un encargo especial que agora nada máis nin menos só poderemos contemplar en fotografías xa que o goberno municipal retirase as devanditas cerámicas da súa fachada, isto de desfacerse do patrimonio da cidade é moi habitual, xamais se recoñece e sempre se destrúe e substitúe por horteradas sen historia.

Nesta reforma un dos negocios foi recolocado e outro desapareceu. Tamén se impermeabilizo a praza e os locais de Elduayen construídos en 1880 á vez que se unificaron o seu aspecto exterior e os carteis que os identifican tras anos de abandono municipal.

Facendo esta renovación da praza de Argüelles se elimino o programa Sereos, un programa municipal que atende a persoas pobres, enfermas e con adiccións, dende agosto de 2013 carece o devandito programa dunha sede física, estes empezaron a ser atendidos nunha furgoneta e logo foi substituída por un autobús.

Este cambio feito polo concello é un paso para atrás para a recuperación deste colectivo social que actualmente levan 20 meses sen unha sede física e o alcalde Abel Caballero como a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, expresaron de forma reiterada a súa intención de substituír por outra a sede pechada do centro da cidade.

Mentres que no pleno do 27 de outubro de 2014 o concello recoñecía a urxencia e a necesidade de aumentar os recursos humanos e presupostarios para asuntos sociais, o comunicado naquel pleno foi riscado de electoralismo, o domingo 10 de maio do 2015 informaba LA VOZ DE GALICIA que os 16 traballadores que prometeu o alcalde seguen sen incorporarse ao departamento de Benestar e o conflito co equipo recrúase, o cheque social, programa estrela do goberno local con 2 millóns de euros destinados a axudas de emerxencia para o pagamento de aluguer, recibos de enerxía e alimentos de miles de familias, está aparcado, o conflito coas ao redor de 50 traballadoras do equipo é un dos motivos do atraso. Dende hai un ano intentan que o goberno de Abel Caballero resolva o atoamento existente, que mantén paralizados miles de expedientes e que atrasa a citas urxentes ata 40 e 50 días. O bloqueo ten dos nervios as empregadas públicas e somete ás 17 traballadoras sociais, as máis afectadas, a un nivel de estrés que tivo o seu reflexo nunha cadea de baixas. Obviamente, as baixas atascan aínda máis o funcionamento do departamento, clave en tempos de crise.

O goberno local antepón os seus intereses electorais ao benestar e á calidade da atención das persoas enfermas e pobres que seguen «sinaladas, estigmatizadas e humilladas» cousa que levan denunciando os movementos sociais da cidade e ata as traballadoras Benestar Social.

Un dos colectivos da Detroit Viguesa, o colectivo IMAN declarou por aquel entón do 2013 persoas non gratas ao alcalde e á concelleira de Benestar Social, este nomeamento foi nun acto celebrado ante o Concello no que se leu un manifesto con varias denuncias e peticións. Entre elas incluíron a reforma do departamento da concelleira Isaura Abelairas coa substitución das actuais unidades de traballo social por outras interdisciplinarias de intervención social, así como a ampliación de recursos e un novo local, local digno e estable, para o desenvolvemento do programa Sereos cousa que na actualidade brilla pola súa ausencia.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: