ை Vigo flashback: Proxecto Praza dos cabalos (praza España)

ilcanallarubens_proyectoPLAZAespaña_PlazaDOScabalos_2015

En agosto do ano 2008 informábase que se asinaba o convenio para desenvolver a nova praza de España de Vigo. Segundo cito o alcalde Abel Caballero que permitía “infraestruturas e dotacións moi demandadas”.

O ámbito máis “emblemático” da Detroit Viguesa, a xerencia de urbanismo formulaba que o plan xeral de urbanismo, o de Praza de España, comezaría a construírse de modo efectivo naquel entón na próxima primavera ou sexa no 2009.

O alcalde, Abel Caballero, e os promotores, liderados pola empresa Bruesa, asinaron en agosto de 2008 o convenio que posibilita a súa realización minorando un 30% as plusvalías previstas no anterior plan. Os promotores terían que construír súa costa unha complexa rede de túneles para canalizar o groso do tráfico da que é a principal entrada á cidade e, ademais, asumir un 21% de vivenda protexida sobre un total duns 400 pisos.

Segundo o alcalde vigués naquel entón, xa había unha vintena de convenios asinados para iniciar as obras. Ata 2013 o plan xeral previña a construción dunhas 50.000 vivendas, aínda que pola crise e a incerteza que sofre o sector, a actividade se centraría preferentemente nas de protección pública (un 43% no desenvolvemento completo do plan).

Á súa vez naquel entón, comezaríase un extraordinario despregamento para a creación, nos próximos catro anos, de 2,3 millóns de metros de chan industrial, infraestruturas como a Rolda, que cruzaría a cidade, ou os accesos do AVE, e dotacións de vella urxencia como un macro hospital ou as cidades do Mar, Xustiza e Deporte.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O 27 de setembro 2012 «La voz de galicia informou que o negociador do maior proxecto urbanístico de Vigo, este da praza da praza dos Cabalos é imputado por suborno e tráfico de influencias no marco da operación Pokémon.

Os indicios polo cal foi imputado apuntarían a diversas operacións nas que a marxe das supostas gratificacións superarían o 10% do custo dos proxectos, e nalgúns casos o suborno achegaríase mesmo a un 20%, segundo sinalan os testemuños consultados na operación xudicial.

O 28 de setembro de 2012 é posto en liberdade tras ser imputado polos delitos de suborno e tráfico de influencias e quedar sometido á obriga de comparecer ante os xulgados cando sexa requirido, liderara as negociacións coa alcaldía de Vigo para levar a cabo a que o rexedor, Abel Caballero, definiu naquel entón como «o meu proxecto estrela» e «a mostra do éxito do Plan Xeral» da cidade, documento que aprobou o socialista no pasado mandato co apoio dos edís do BNG.

O proxecto negociado por Manuel Álvarez co goberno de Caballero estaba deseñado para cambiar por completo a praza de España deVigo e levantar nela catro torres de edificios de ata 18 alturas con 480 vivendas en total, un centro comercial, un aparcadoiro subterráneo de 600 prazas e unha superficie pública de preto de 19.000 metros cadrados, ademais de tres pasos subterráneos. O ámbito urbanístico superaba os 38.000 metros cadrados e requiriría un investimento próximo aos 200 millóns de euros.

Aínda que o propio Álvarez Martínez chegou a aseguro que unhas 500 persoas xa se interesaran polas vivendas e daba a 200 deles como seguros compradores, o proxecto estrela do novo Plan Xeral da cidade non chegou a arrancar a causa da delicada situación financeira de Bruesa, que debeu ata 28 millóns de euros a entidades financeiras antes de entrar en concurso de acredores.

O proxecto, que nacera con no Plan Xeral deseñado inicialmente durante o mandato do nacionalista Lois Pérez Castrillo, e continuouse durante o de Corina Porro, culminouse coa aprobación definitiva do documento urbanístico con Abel Caballero, quen chegou a asegurar que no caso da promoción de praza de España as plusvalías dos promotores se reduciran nun 30%, o que, segundo el, evidenciaba o carácter máis especulativo do plan que herdara de mans do PP.

Fontes do sector da construción de Vigo indicaron naquel entón que Manuel Álvarez, o último dos imputados naquel entón na operación Pokémon contra a corrupción,» retomara a súa actividade promotora por libre tras a crise financeira de Bruesa, que deixou no tinteiro a promoción que lle ocupou ao longo dos últimos anos, e que case con toda probabilidade non verá a luz, cando a súa culminación estaba prevista para o ano 2014 e xa estamos no 2015.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை Vigo flashback: Proxecto Praza dos cabalos (praza España)

  1. ledo 13 mayo, 2015 en 9:15 AM

    moi interesante, e moi bo, sorprendeme gratamente a cantida de documentacion optida por ti Rubens

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: