ை Manifesto de PODEMOS cambiar Galicia.

Hoxe fanme chegar o manifesto de PODEMOS cambiar Galicia. E o manifesto é o que verán acontinuación.

ilcanallarubens_podemoscambiargalicia_nosomoscuatrogatos_2015 copia

Coa aparición de Podemos moitas persoas vimos a posibilidade de participar na política dun xeito directo e sen intermediarios, pensamos e cremos que esta sería a ferramenta que nos facilitaría cambiar o país despois da desfeita que durante anos fixeron os partidos tradicionais. Foi pois así que para exercer este dereito aprobado nos estatutos de

Podemos, nos xuntamos afiliados de toda Galicia para crear unha candidatura que concorrese ás eleccións dos órganos autonómicos seguindo os principios básicos de consenso, transparencia, pluralidade e participación​. Así foi como naceu Podemos Cambiar Galicia.

Malia todo isto vimos como certas decisións emanadas do consello estatal impedían de feito que se cumprisen eses principios que foron escolleitos pola inmensa maioría na asemblea celebrada en Vista Alegre. Tamén decatámonos que certos aspectos deses estatutos adoecían da democracia que sabemos que poden e deben ser mellorables no seu contido.

As persoas que formamos parte de Podemos Cambiar Galicia promulgamos un Podemos que sexa de todos e defendemos, sen lugar a dúbidas, eses estatutos aínda que sabemos que son manifestamente mellorables. Cando presentamos a nosa candidatura, acompañámola cun documento organizativo propio para Podemos Galicia, no que devolvíamos o poder decisorio ós círculos, tanto sectoriais como territoriais, auténticos alicerces de Podemos​, así como unha organización por comarcas desbotando dese xeito as divisións provinciais decimonónicas. Este proxecto segue estando nas nosas mentes e desde PCG seguimos querendo compartilo e discutilo co Consello Cidadán de Galicia e abrilo ó debate público..

Queremos poder participar con pleno dereito e en igualdade de condicións en todas as decisións que tome o partido e na súa posta en execución​, queremos ser unha especie de compás que marque sempre o rumbo inicial co que nos ilusionamos cando se creou este partido. Mais todo isto non implica que pensemos que temos a razón en todo, porque como calquera non estamos exentas de cometer erros polo que a autocrítica é algo que temos sempre presente.

As persoas membros de Podemos Cambiar Galicia comprometémonos a levar a cabo un labor construtivo​ para mellorar eses aspectos que mencionaremos máis adiante, así como denunciar todas aquelas condutas que cremos vulneran algún dos artigos dos estatutos. Fomentaremos a participación nas decisións que se tomen e divulgaremos os puntos fortes e que nos diferencian dos demais.

Pensamos que para retomar o espírito que nos fixo dar o paso de participar de xeito directo na política do noso país é necesaria a convocatoria dunha nova asemblea estatal​, onde se volvan a escoller uns novos estatutos que afonden na democracia interna que tanto botamos de menos á vista dos acontecementos que se sucederon no corto período de tempo desta andaina.

As partes máis importantes que pensamos que deben ser modificadas para que a participación sexa real e non unha ilusión, son as seguintes:

1. Depuración do censo​, porque o xeito de inscrición dificulta que calquera decisión que se teña que consultar a unha asemblea territorial se poida levar a cabo dun xeito satisfactorio, así como que as iniciativas populares poidan acadar os apoios necesarios para ser levadas a votación.

2. Nos órganos electos débese de primar a pluralidade e a representabidade​, non pode ser que unha lista co menos da metade dos votos ocupe tódolos cargos de representación. Tampouco se debe permitir presentar listas completas.

3. Separación de poderes. As comisións de garantías democráticas de ningún xeito poden formar parte do mesmo equipo que o consello cidadán.​ Este órgano debería estar formado por candidatas ou candidatos elixidos de xeito individual.

4. Eliminar os apadriñamentos.​ Quedounos claro que a sociedade actual na que vivimos é moi influenciable polo poder mediático. Cando alguén que polos motivos que sexa dispón dese poder mediático e apoia a unhas candidaturas fronte a outras consegue que a balanza se incline case sempre dese lado.

5. Rebaixa dos avais necesarios para convocar consultas ou asembleas​. Si realmente este partido quere ser adaíl da democracia non se pode entender como para convocar unha asemblea ou unha consulta os avais precisos sexan tan altos.

6. Devolución do poder de decisión dos círculos​, os cales deberían formar parte dos órganos do partido, non meros foros de debate.

7. Elaboración participativa dos programas electorais​. Estamos vendo como o consello estatal está elaborando un “programa marco” sen consultar coas bases, de xeito escuro. De feito, poucas persoas sabían de que se estaba elaborando, menos con que profesionais se está contando. O que si sabemos é que cos círculos sectoriais non se está contando, o cal é inexplicable xa que é un dos aspectos máis relevantes de Podemos.

8. A comunicación coas bases ten que ser fluída. Debería establecerse uns mecanismos para que esta se fixese de xeito periódico​, e non só que envíen consignas como si fósemos meniños pequenos ou para tratar de adoctrinarnos.

9. Unha persoa un cargo.​ Deberíase de impedir que unha persoa acumulase distintos cargos orgánicos, tal e como está acontecendo na actualidade.

10. Máxima transparencia​. Toda a información sobre as actividades de tódolos cargos electos, tanto internos como públicos teñen que ser de fácil acceso e de clara comprensión. Co portal de transparencia pasa igual. A información ten que ser fácil de atopar, porque tal como está agora é case imposible atopar unha cousa concreta.

11. Favorecer as “barracas” de participación cidadá, roldas formativas, resolución de conflitos, poñer o acento nos debates internos e non nos discursos dos líderes​; promover encontros de círculos comarcais / provincias e autonómicos para facer unha análise da situación e comezar a elaborar propostas conxuntas.

12. Levar a termo un programa con recursos materiais e humanos para achegar as zonas rurais aos procesos de participación de Podemos​ asignando zonas (que ben poderían corresponderse coas divisións por comarcas establecidas no programa de PCG).

Non son todos os aspectos que deberían ser modificados ou mellorados, mais sí os que pensamos que son os máis importantes en aras de democratizar o partido. Si queremos ser a forza política que verdadeiramente desexe devolverlle a soberanía ó pobo hai que demostralo con feitos e non con discursos que ó final soan vacíos e repetitivos. Somos os de abaixo, sí, e queremos o poder, non que nos digan o que temos que facer outra casta, desta volta unha casta ilustrada de politólogos saídos todos da mesma escola.

Estamos empoderados e iso non ten xa volta atrás. Empregaremos todos as fendas que estes imperfectos estatutos nos deixen para lograr que dunha vez por todas se faga a vontade popular, inda que moitas persoas nos tachen de ilusos, de soñadores e fantasiosos.

Porque non só nos tomamos en serio os nosos soños, tamén loitamos por facelos realidade, e sabemos que si queremos, si nos unimos Podemos Cambiar Galicia, Podemos Cambiar Podemos e Podemos Cambiar o Mundo.

Podemos Cambiar Galicia [@PodemosCambiarG]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: