ை Shell esta máis preto de destruír o Artico

ilcanallarubens_SaveTheArctic_2015

O perigoso plan de Shell para extraer petróleo do Ártico acaba de dar un paso adiante e é urxente que o freemos todos e todas. Esta semana a administración de Barack Obama, presidente de EEUU, aprobou condicionalmente o Plan de Exploración desta petroleira, a máis grande e máis riesgosa operación xamais levada a cabo nesa rexión.

Nas mans inexpertas de Shell e baixo as condicións extremas do Polo Norte un derramo é case inevitable. Sería desvastador para os osos polares e as 4 millóns de persoas que viven alí. Hoxe máis que nunca hai que dicirlles BASTA XA! a esta ameaza. Hai que premer o presidente de EEUU, Barack Obama, para que free a Shell antes de que sexa demasiado tarde.

Despois dunha serie de fallas graves e erros que demostraban a súa incapacidade para operar no Ártico, Shell foi forzada a suspender os seus plans de perforación en dúas oportunidades. Pero está desesperada por saquear a rexión en busca de petróleo e non se vai render ata logralo. Nos próximos meses pensa poñer en funcionamento seis pozos exploratorios, a pesar das condicións climáticas extremas e o difícil acceso da zona.

Obama e a súa administración non poden arriscarse a darlle un permiso máis a Shell. Os seus propios científicos aseguraron que, se se perforan os xeos, a probabilidade de que se produza un derramo é do 75%. Dálle voz aos osos polares e a todos os habitantes do Ártico.

Estamos a tempo antes que aconteza un dano irreparable para o noso planeta. Entre as condicións para poder operar Shell debe obter todos os permisos necesarios doutras axencias, superar con éxito controis ambientais e cumprir cos termos e condicións de opinións de protectores de animais e biodiversidade. Obama pode e debe escoitarnos.

Pidele XA a Barack Obama que impida que Shell destrúa o Ártico. Faiclick aquí.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: