ை O home que pode frear a Shell

ilcanallarubens_SalvaElArtico_2015

O goberno de EEUU acaba de dar permiso ao xigante do petróleo Shell para facer prospeccións na zona virxe do Ártico, poñendo en grave perigo noso clima e a maxestosa fauna do océano. Pero hai unha forma de poñerlle freo a isto.

Antes de partir cara ao Ártico, o monstruoso barco de Shell ha de prepararse en Seattle. Pero hai un home que pode truncar os seus plans — Ed Murray, o alcalde de Seattle simpatizante das causas verdes. Xa dixo a Shell que non teñen permiso para facer a revisión da súa plataforma en Seattle, aínda que estes contestaron basicamente que van para alá, quéirao a cidade ou non.

Agora depende de Ed renderse ou apostalo todo polo Ártico. Sabemos que está do noso lado pero necesítase unha coraxe de aceiro para resistir ante unha das empresas máis poderosas da historia. Imos demostralo ao alcalde que o mundo enteiro está con el e coa xente de Seattle e que imos facer o que sexa necesario para berrar que “Shell non” perforará o Ártico.

Os expertos teñen claro que facer prospeccións no Ártico é extremadamente perigoso e arriscado dada a fraxilidade do noso clima. O posto máis próximo da Garda Costeira encóntrase a máis de mil millas de distancia de onde planean perforar. Se algo chegase a saír mal, o cal segundo a propia Shell é probable, non habería literalmente ninguén para botar unha man nin nada que se puidese facer.

Pero o que é aínda máis incrible é que, mesmo, están a considerar dar saída a un novo tipo de petróleo que os científicos afirman é 100% incompatible coa intención de evitar que o quentamento global se descontrole. Debería ser unha elección doada: trátase do lucro de Shell ou de que todos nós poidamos gozar dun clima seguro.

A contenda en Seattle está que arde agora mesmo. A semana pasada, tras intensificarse a presión por parte das organizacións locais, o alcalde Murray díxolle a Shell que os seus permisos non cubrían as actividades que tiñan planeadas. Pero os barcos de Shell emprenderon o rumbo cara a Seattle de todos os xeitos no que supón unha flagrante violación do proceso democrático.

O alcalde Murray sempre estivo de parte do medio, pero agora ten unha oportunidade única na vida para defender a todas as persoas do mundo, facendo que os seus avogados e forzas policiais se interpoñan entre os plans de perforación de Shell e o vasto e fráxil Ártico. O noso destino depende do que decida facer — imos darlle o apoio masivo que se merece e que necesita para facer o correcto.

Non se trata só de protexer aos osos polares e a outras magníficas especies árticas. Trátase de trazar unha liña vermella en torno ás prospeccións nun dos últimos lugares intactos da Terra, e de canalizar toda a nosa esperanza e determinación para avalar a única persoa que pode poñelo freo a Shell agora mesmo. Demostremos aos que van contaminando polo mundo que estamos en pé de guerra e que, xuntos, emprenderemos o camiño cara ás enerxías 100% limpas.

Pidele XA a Barack Obama que impida que Shell destrúa o Ártico. Fai click aquí.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: