ை Marcha a prol do galego no día das letras galegas.

ilcanallarubens_ICR-Photographer_17deMAIO2015_Vigo_LETRAS GALEGAS

Eran as 12 da mañá, centos de vigueses e viguesas tomaban a rúa baixo un sol abrasador, tomábana para defender o galego. Hoxe foi un día especial xa que como cada 17 maio se celebra o día das letras galegas, non só os vigueses e viguesas tomaron as rúas senón tamén houbo marchas polas cidades principais da Galiza.

Un 17 de maio claramente marcado polas vésperas electorais. Dos líderes das forzas políticas galegas só estiveron presentes Xavier Vence, voceiro nacional do BNG na Detroit Viguesa e Martiño Noriega, coovoceiro de Anova Irmandade Nacionalista candidato á alcaldía de Santiago de Compostela en Compostala aberta.

“Nas aulas da Galiza, queremos galego” e “por ti, por min” “, ” o galego non ten fin””O galego, garantía de futuro” “En Galiza en Galego” son algúns dos cánticos que saíron do fondo das almas das persoas que marcharon pola rúa Urzaiz cara á entrada do museo de arte contemporano M.A.R.C.O., esta marcha foi organizada pola plataforma Queremos Galego.

Nas escaleiras de acceso ao M.A.R.C.O. despregáronse as faixas onde se faria unha emotiva lectura do manifesto, o manifesto estivo unha representación da mocidade galega pedindo respecto ao idioma materno do país, ao rematar fixose unha votación simbólica que resume á perfección o espírito das convocatorias de Queremos Galego: ás miles de persoas que alí estaban congregadas unhas 2.500 segundo a organización declararon por aclamación popular dos asistentes a Feijóo inimigo da lingua galega e da cultura galega.

Manifesto:

O galego garantía de futuro, ten pasado e presente. É a máis grande obra colectiva do pobo galego. Galiza, o galego, non desaparecerá mentres non deixemos de usalo, mentres nós reivindiquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo.

O galego ten presente porque malia o decretazo contra o galego, as reformas na administración, a limitación de recursos que permitan usalo na xustiza, na sanidade; malia a continua utilización de toponimia deturpada no transporte e sinalización en estradas, vilas e cidades; malia a súa exclusión da igrexa ou de empresas que reciben abondosas axudas públicas; malia todas as dificuldades e exclusións forzosas que nos limitan para vivirmos nel con absoluta normalidade, usámolo sempre, en todo e para todo, facéndoo por nós útil e vivo.

Mantémolo a pesar de termos un goberno que a través dun decretazo reducíu a súa presenza no ensino ou o prohibiu para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía. Mantémolo aínda que por acción ou omisión a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís.

Usámolo os 365 días do ano, os sete días da semana e as 24 horas do día, non só o 17 de maio. Insistimos no uso da lingua porque é a nosa, a de todos e todas as galegas, e queremos que viva e vivir nela, porque é a existencia de Galiza e porque existir é a nosa maior necesidade.

Hai unanimidade en que os datos estatísiticos sobre o uso do galego na xente máis nova supoñen un grave problema. Mentres, o goberno da Xunta, que debe a súa propia existencia á lingua galega, só mostra falsa preocupación ou realiza hipócritas declaracións sobre o noso idioma.

O goberno que lexislou contra o galego quere facernos crer que co anuncio dun suposto Plan para elaborar un documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico, xa está solucionado o problema do descenso do uso do galego e todas as limitacións para a súa normalidade. A lingua galega non precisa propaganda. Precisa accións concretas a favor dela como as xa aprobadas unanimemente hai dez anos, no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e sobre as que só tivemos retrocesos. O galego precisa tamén dun goberno que deixe de lado a irresponsabilidade e asuma as funcións que ten encomendadas, apoiando un amplo movemento que neste momento actúa en solitario todos os días.

A Xunta de Galiza ten que defender a lingua non só porque é a súa obriga mais tamén porque é o principal factor de cohesión social e de unidade, e porque ningún pobo pode progresar de costas ao seu idioma.

Hai outros gobernos, como os das institucións locais, que deberían estar máis próximas ás sensibilidades e preocupacións dos cidadáns e cidadás, onde tamén se poden aplicar as medidas contempladas no Plan xeral de normalización da lingua galega, para repor a nosa lingua en todos os espazos que nunca debeu perder e para restaurar o seu uso como lingua propia e oficial. Aínda así, son cada vez máis os que exclúen a lingua galega, nomeadamente dos servizos externalizados ou privatizados.

O futuro do galego, o noso máis importante sinal de identidade colectiva, é unha demanda social, a da nosa existencia colectiva, que os gobernos deben ouvir e atender para actuar. A garantía de futuro do noso país é o galego.

Queremos galego, e activámonos como sociedade para telo e repolo nas rúas, nas escolas, nos parques, nos centros de traballo, nos medios de comunicación, na música, na literatura, na saúde, na xustiza e na administración. Queremos galego e precisamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos, para reverter por fin un proceso de substitución lingüística que nos debilita e nos limita como país.

Por iso hoxe estamos nas prazas e rúas de Galiza, para dicir ben alto: Queremos Galego, Queremos Galiza con futuro!

O voceiro nacional do BNG Xavier Bence na compañía da práctica totalidade dos membros da candidatura nacionalista para a alcaldía da cidade de Vigo convoco aos medios de comunicación antes da marcha pola rúa Urzaiz interpelando directamente a Feixóo ao que lle pediu que empregase exclusivamente o galego na súa comunicación coa sociedade xa que nunca antes ningún presidente da Xunta de Galiza uso tanto o español para dirixirse aos galegos e as galegas, así o denuncio Xavier Bence o líder do BNG.

Na marcha tamén acudiu Ana María Miranda a eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego quen a acompañaba unha das súas fillas, mostrábase alegre pola resposta da cidadanía da Detroit Viguesa.

Queremos vivir na nosa lingua, e non só hoxe, senon os outros 364 dias do ano. Temos un tesouro común, unha herdanza imensa que temos que coidar. Temos palabras, emocións e sons que ninguen máis ten. A lingua galega é relinda, namorate con nos dela.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Por moitas primaveiras máis

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: