ை Aclaracións dende A Plataforma de Afectados Pola Hipoteca.

PAH

Aclaracións sobre as noticias difundidas nestes últimos días tanto en prensa coma en Redes Sociais por Claudia Patricia García Escobar.

Dende A Plataforma de Afectados Pola Hipoteca, queremos facer as seguintes puntualizacións sobre estas informacións e faise extensible a calquera persoa que pretenda facer unha utilización para proveito propio dunha Plataforma que non naceu para estes fins:

A señora Claudia Patricia García Escobar, sabe que non pertence a Plataforma de Afectados pola Hipoteca nin á súa rede estatal e que NUNCA pertenceu a esta.

Esta persoa rexistrou unha asociación con este nome e autoproclamouse “Presidenta” cando é coñecedora que a PAH non ten presidentes e nunca os tivo.

A PAH, componse de xente afectada pola hipoteca en maior ou menor grao, non cobra por nada, nin sequera unha simple cota, a PAH autofinánciase con venda de camisetas, chapas, mercados solidarios, etc…

Claudia Patricia García Escobar incumpre a Acta Fundacional da PAH Plataforma de Afectados pola Hipoteca, na que se declara o APARTIDISMO desta, intentando utilizar á Plataforma como medio de avalar a súa pertenza a un partido político e peor aínda de buscar o voto nas eleccións municipais, apelando ao suposto traballo realizado en favor dos afectados por abusos bancarios, para conseguir un posto político, o que dende a PAH nos parece francamente deplorable.

Parécenos que tratar de sacar partido a un problema da magnitude que supoñen os desafiuzamentos no noso estado, é como pouco, ter pouca empatía con persoas que perden a diario a súa vivenda e se ela como di foi afectada por unha execución hipotecaria, é aínda menos entendible sabendo os miles de familias que se viron na rúa e cunha débeda de por vida.

Finalmente pregamos aos medios de comunicación que non dean voz a persoas que claramente pretenden facer unha utilización partidista de La Plataforma de Afectados pola Hipoteca xa que isto soamente é prexudicial para as afectadas que se agarran a un cravo ardendo buscando un apoio en quen se autoproclama o que non é para beneficio propio, PAH, que leva seis anos traballando para conseguir parar a sangría das execucións hipotecarias no noso país e loitando con todos os medios ao noso alcance para axudar ás familias en perigo de perder a súa vivenda habitual.

Plataforma de afectados pola hipoteca [@PAHVigoTui]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: