ை Iberdrola non se saíu coa súa

ilcanallarubens_peligronuclear_2015

Iberdrola volveuse poñer en evidencia. Quixo desacreditar a protesta pacífica pedindo unha multa de máis de 350.000 euros a Greenpeace e tres anos de prisión para 16 activistas e un fotoxornalista independente por denunciar a enerxía nuclear na central de Cofrentes, en Valencia.

Pediuno o pasado mes de decembro, e volveuno facer agora recorrendo a sentenza orixinal. Pero en ambos os dous casos levouse un gran chasco: a xustiza foi máis sensata, e apenas escoitou a desatinada petición de Iberdrola. En decembro limitou a multa a 19.512 euros por danos ao valo da central e outros danos menores, e agora engade 29.779 euros en concepto de limpeza da pintada da torre de refrixeración. O ascenso da contía débese a que se considerou parcialmente a petición de Iberdrola e das outras partes da acusación no apartado de “deslucimento de bens inmobles”.

Esta nova sentenza, ditada pola Audiencia Provincial de Valencia, é firme, e ratifica que non existiu delito de lesións por parte de ningún dos 16 activistas de Cofrentes, e os absolve por segunda vez do delito de desordes públicas. Tamén o fai co fotoxornalista independente Pedro Armestre. Pero, sobre todo, confirma que a acción de protesta foi pacífica, sinal de identidade de Greenpeacedende hai 40 anos e que Iberdrola intentaba poñer en evidencia.

Chegar ata esta sentenza definitiva non foi un camiño doado. As 17 persoas procesadas viviron os últimos catro anos coa ameaza de ser condenadas a tres anos de cárcere por defender as súas conviccións e un medio san para todos. Pero durante este tempo sentiron a forza e o cariño de todos os socios e socias de greenpeace, de todas as persoas que enviastes as vosas palabras de apoio a través das redes sociais ou pedistes a Iberdrola que non condenase a protesta pacífica, de todos os que vos fixestes selfies para pedir a súa absolución e das tantas e tantas persoas que mostraron a súa simpatía de mil maneiras. Sen as vosas mostras de apoio, estes catro anos terían sido moito máis duros. Unha vez máis, grazas por estar connosco do lado do medio e a paz!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: