ை Queren pechar Greenpeace

ilcanallarubens_greenpeaceRESISTEIndia_2015

É alarmante. Por primeira vez, en máis de 40 anos de historia,Greenpeace está a ser obrigada a pechar unha das súas oficinas. As autoridades do goberno da India bloquearon as contas bancarias da organización nese país deixándoa sen fondos para continuar campañas clave para resolver problemas ambientais que afectan en todo o mundo. Agora a oficina resiste día a día para sobrevivir.

Esta é un xeito de silenciar a protesta na india, non só a de India senón a de cada persoa en todo o mundo. Non permitais que o TEU dereito e o meu a denunciar aos que danan o planeta estea baixo ameaza.

Se se pecha Greenpeace India van perder a posibilidade de solucionar as crises ambientais que sufrimos todos os días. Sería a morte súbita de campañas exitosas a favor das enerxías renovables, contra a contaminación do aire e o uso de pesticidas. India está a liderar a loita contra o cambio climático e a redución da pobreza e os seus logros son cruciais para resolver problemas no resto do mundo.

Este ataque arbitrario, ademais, podería sentar un precedente moi perigoso: calquera grupo da sociedade civil que reclame pola liberdade de expresión pode estar baixo o mira. Dende Greenpeace escribiron unha carta aberta ao Secretario das Nacións Unidas, Ban-Ki moon, para que apoie as liberdades civís en India e, así, as campañas poidan continuar.

Perder Greenpeace India implicaría tamén deixar sen traballo a todos os empregados da organización. A situación é tan preocupante que algúns membros en Bangalore e Nova Delhi se ofreceron como voluntarios para traballar un mes sen soldo para manter vivas as campañas. Outras organizacións xa expresaron o seu apoio e vontade para dar unha man no que se necesite, mesmo arriscándose a poñerse en contra das autoridades do goberno indio.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: