ை Greenpeace colouse na feira CarbonExpo en Barcelona.

ilcanallarubens_Nos colamos para pedirle a Tejerina un modelo energético renovable_2015
Unha activista de Greenpeace despregou unha pancarta nas que se lía “Salva o clima. 100% renovables” ante a ministra de Medio, Isabel García Tejerina, durante a inauguración da feira CarbonExpo en Barcelona, e ante a presenza do Rei Felipe VI. Greenpeace recordou así a Tejerina que só un modelo enerxético baseado en enerxías limpas fará posible frear o cambio climático.

Carbon Expo é unha feira internacional que se celebra en Barcelona, promovida por Tejerina como evento na loita contra o cambio climático. Pero en realidade é unha cortina de fume máis do Goberno na súa política enerxética e climática, que está a remar contracorrente á verdadeira solución do problema, as enerxías renovables.

Greenpeace fixo esta acción de protesta coa vista posta no Cumio do Clima, que terá lugar o próximo decembro en París. Alí os gobernos de todo o mundo teñen que renovar o Protocolo de Kioto e chegar a un novo acordo climático internacional. Neste labor tamén é importante o papel de España, que debería marcar o cambio con políticas nacionais en favor das enerxías renovables e velando polo benestar dos cidadáns.

Ti como eu temos que facer que ese acordo garanta que nos mantemos por debaixo dos 2ºC, ou mesmo 1,5º C. Só así asegurámonos que o cambio climático non alcanza o seu nivel de maior gravidade. Ti podes axudar, asina para pedir aos gobernos unha enerxía limpa, 100% renovable e eficiente! AQUI

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: