ை ¡Di #no2ISDS agora!

ilcanallarubens_nonaottip_vigo_word

Tempos excepcionais requiren medidas excepcionais. Este é o momento. O Parlamento Europeo está a punto de voltar unha resolución crítica, non vinculante, sobre o TTIP. Pedímosche por favor que actúes agora para asegurar que a Cámara adopta unha postura firme contra os tribunais de arbitraxe privados que se inclúen no tratado. Di #no2ISDS agora!

Polo momento a resolución en curso aínda está en fase de debate e o voto da sesión plenaria está previsto para o 10 de xuño. Entre as diversas comisións 5 comités xa rexeitaron o ISDS (=resolución de controversias entre investidores e estados, isto é, tribunais de arbitraxe privados nos que os investidores poden demandar os países se consideran que as accións particulares destes diminúen os seus beneficios). Esta é unha gran noticia, pero a votación na comisión competente (Comité de Comercio ou INTA) ten lugar esta semana, o 28 de maio, e polo momento parece que podería adoptar unha postura favorable á vía dos negocios e propoñer unha posición máis débil fronte ao ISDS.

145.000 cidadáns e cidadás dixeron #no2ISDS na consulta organizada pola Comisión Europea o ano pasado, e case dous millóns de persoas asinaron a Iniciativa Cidadá Europea Stop TTIP. Recordemos aos nosos eurodeputados e eurodeputadas o que a cidadanía di sobre o TTIP e que non quere ISDS.

En menos dun minuto podes facerllo saber a través desta ferramenta de acción en liña. Dispoñible en oito idiomas diferentes, permite á cidadanía de toda Europa poñerse en contacto cos seus representantes e pedirlles que non acepten os privilexios especiais para investidores estranxeiros. Por favor, comparte esta entrada do meu blog aos teus amig@s e pídelles que lle digan NON ao ISDS! #no2ISDS.

Di aos membros da Comisión de Comercio que digan NON ao ISDSAquí.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: