ை A compra de Jazztel por Orange, a un tictac tras o ‘si’ da CNMV

ilcanallarubens_Orange_OPA_Jazztel

Apenas uns días despois de que a Comisión Europea dese luz verde á compra de Orange sobre o operador Jazztel fixo o propio a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) en España, que autorizou a oferta pública de adquisición voluntaria realizada pola telco de orixe gala.

A autorización produciuse o 26 de maio e a oferta, que se estenderá dende o 28 de maio de 2015 ata o 24 de xuño de 2015, diríxese á totalidade do capital social de Jazztel. Grazas a esta os accionistas de Jazztel recibirán 13 euros por acción en efectivo. En caso de que adquira o 100% de Jazztel, Orange pagará 3.400 millóns de euros.

En todo caso, como indican dende a operadora francesa, a oferta está condicionada á aceptación irrevogable desta por parte de accionistas de Jazztel que, en conxunto, ostenten polo menos o 50% máis unha acción do seu capital social teórico máximo. Orange xa conta co compromiso irrevogable de aceptación da oferta por parte de accionistas que representan o 14,804% do capital social de Jazztel.

Os accionistas de Jazztel que desexen aceptar a oferta deberán contactar coa entidade depositaria na que estean depositadas as súas accións durante o referido período de aceptación.

Jazztel é un actor importante no mercado español das telecomunicacións e un dos competidores máis dinámicos no sector móbil e de servizos de triplo play. A través desta operación, Orange proponse crear o segundo maior operador de banda ancha fixa e un dos actores máis dinámicos no mercado da telefonía móbil en España, acelerando así a migración dos seus clientes a ofertas converxentes”, reza un comunicado da compañía. Estímase que a operación xerará unhas sinerxías globais para a entidade combinada de ata 1.300 millóns de euros en valor actual, especialmente a través do aforro conseguido en custos de operación e investimentos na rede.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: