ை A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo volveron facerse visibles

icanallarubens_ICR-Photographer_Ni unha mais_2015

O xoves 28 de maio, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo volveron facerse visibles na rúa do príncipe na que fixeron lectura dun manifesto.

Manifesto que decia que 19 mulleres asasinadas en 5 meses, acabamos de pasar por unhas eleccións municipais cuxa campaña electoral deixou claro a importancia dos asasinatos das mulleres para certa clase política. Os nosos dereitos seguen a ser secundarios ou incluso os últimos dentro das súas prioridades…

A nosa loita do día a día pola igualdade de homes e mulleres, non é a única, os feminismos móvense e traballan nos movementos sociais. Son a loita do día a día para rematar co heteropatriarcado en todas as súas formas, tamén dentro da política.

E mentres se están a repartir os cargos, no Estado Español, no que vai de ano foron asasinadas 19 mulleres. unha nena de 11 anos é vendida no estado español. Explotada, maltratada e violada… Paraguai impide decidir sobre o aborto a unha nena de dez anos presuntamente violada polo seu padrastro cando a propia nai da nena o denunciara por abusos sexuais, mais a denuncia foi arquivada por un Fiscal.

Un home asasina a un neno de 10 anos, fillo da súa parella, home denunciado polas súas anteriores catro parellas por violencia de xénero. Unha nena de 14 anos asasinada polo seu exmozo que só tiña 18 anos.

Casos que parece que non poden ser certos. A fiscalía, en Nigrán, pide 16 anos de cárcere para uns asaltantes a un estanco, mentres que outro fiscal e a Xunta rebaixan de 35 a 18 anos de cárcere ó asesino dunha muller en Marín cambiando o concepto de asasinato por homicidio. Esta é a nosa loita , o respecto e a xustiza para as mulleres.

Pero as loitas das mulleres, as nosas loitas, van fortalecendo un camiño de iguladade, un camiño de oportunidades so conseguido por nós, e do cal se beneficiará toda a sociedade. Como os pasos dunha muller, nai, vítima de violencia, que consigue, denunciando ante o Tribunal Constitucional, unha orde da Audiencia Provincial de Madrid que entregaba á menor a un pai condenado por violencia de xénero e que vive en Suíza. Unha fracción da xustiza unha vez máis de parte dos maltratadores. E nós seguimos a denunciar como se lle poden dar fins de semana ou vacacións a homes que diante desas mesmas crianzas maltrataron, insultaron e golpearon as súas nais. Seguimos denunciando que os menores son vítimas directas da violencia de xénero.

Pero a pesar da nosa loita seguimos sendo asasinadas por calquera home! Calquera home que se cre co dereito e a lexitimidade de certa parte da sociedade para facelo. O xefe de seguridade dunha embaixada española, un animador, un policía e un traballador social que abusan de menores…e despois o asasinato en Ourense no mesmo hospital. Nin as instucións son seguras para nós, e non o son porque a violencia contra nós é secundaria! Porque seguen sen crer os nosos discursos, cando as probas non poden demostrar violencia física a violencia psicolóxica xa non existe para certos xuíces, por eso afirmamos que os discursos das mulleres son menos cribles que o discurso dos maltratadores. Non se é consciente da peligrosidade que día a día sufrimos as mulleres. Un número máis para o Goberno, unha morta máis. Unha muller desprotexida sen orden de afastamento acoitelada a mans do seu marido no hospital onde ela ingresara por sufrir unha agresión na súa casa. O seu marido declarou que foran atacados por uns descoñecidos, aínda que para a Garda Civil existían indicios de violencia de xénero, polo que solicitaron unha orden de afastamento que a xuíza como unha de tantas veces denegou. Outra vez a xustiza volve a darlle a espalda ás mulleres.

Ou o caso de Ada e Yenny mulleres non nacionalizadas españolas pero asasinadas no territorio do estado español, ese mesmo estado que non se fai cargo da indemnización cando as vítimas son inmigrantes non nacionalizadas xa que non son consideradas como tal.

Ou a sentenza da Audiencia Provincial de Córdoba que absolveu a un acusado por asasinar a súa parella baseándose nunha alteración psíquica “por trastorno de ideas delirantes”. A Rede únese á Plataforma cordobesa contra a violencia ás mulleres xa que tamén nós estamos preocupadas e indignadas pola proliferación de sentenzas que exculpan aos asasinos en base a trastornos mentais con delirio de ciumes”, desculpabilizan aos asasinos amparándose en adiccións e en enfermidades mentais para blindar o machismo e o patriarcado”.

A Rede de Mulleres convoca a participar nunha campaña contra o feminicidio, a campaña de denuncia da protección á que están sometidas as mulleres que sufren violencia machista. Neste enlace tedes toda a informacion sobre a campaña e os xeitos para participar nela: http://feminismo.info/feminicidio/

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: