ை As eléctricas están a negociar coa túa saúde

ilcanallarubens_Así negocian con tu salud las eléctricas_2015

65 metros cadrados de pancarta. Seis activistas. E un propósito: desenmascarar ás eléctricas, reunidas estes días cos dirixentes europeos para establecer os límites de emisións de CO2 en Europa.

Este feito foi esta mañá. Mentres os representantes das maiores compañías eléctricas comezaban a reunión cos delegados europeos, greenpeace despregou a mensaxe “Aquí negocian carbón por saúde” no hotel de Sevilla onde se reúnen.

Porque os cidadáns non podemos permitir que os propios contaminadores decidan canto contaminan. Ademais dos 137 postos oficiais reservados para os representantes da industria, hai polo menos outros 46 dentro das propias delegacións dos distintos gobernos ocupados polas eléctricas. E España ostenta o récord: dos seus doce representantes gobernamentais, oito son das compañías. Entre eles, Iberdrola, Endesa, Gas Natural e a patroa das eléctricas, UNESA.

A industria xa deixou claro que vai antepoñer o seu beneficio fronte á contaminación, o cambio climático ou a saúde dos cidadáns. Segundo o último borrador das negociacións, os límites de contaminación permitidos nas centrais de carbón situará á Unión Europea por detrás de China e Estados Unidos.

É un dato moi preocupante. Só no ano 2010 as emisións de carbón causaron 535 mortes prematuras en España. Unha cifra que pode drasticamente ser reducida se se esixisen límites máis estritos de emisións. Iso obrigaría a aplicar as mellores técnicas dispoñibles nas centrais de carbón, o que levaría un aforro para España de 1.500 millóns de euros en termos de gasto en sanidade e perda de produtividade no traballo.

Non podemos permitir que negocien coa nosa saúde e o medio. Por iso esiximos a expulsión urxente dos representantes das compañías eléctricas da delegación gobernamental. Temos que dicirlle o Goberno e ás eléctricas non poden antepoñer os seus beneficios económicos á saúde de todos os cidadáns e o seu dereito a respirar aire non contaminado.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: