ை O disparate do ministro

ilcanallarubens_ministroSoria_2015

Hoxe xa sabemos que Industria nos enganou, perpetrando un mortal recorte ás enerxías renovables de máis de 3.000 millóns de euros anuais, baseándose nun informe que non existía.

Para xustificalo, o Ministerio contratou a dedo a dous consultoras. Unha delas rompeu o contrato. A outra entregou o seu informe unha vez que o recorte xa fora aprobado!

Pero o pobo xunto podemos rectificar este disparate. O goberno está aínda grogui tras o costalazo electoral, e un numeroso grupo de organizacións ambientais, de consumidores e doutros sectores da sociedade civil está a punto de presentar unha denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción.

Como cidadáns consternados ante o aniquilamento das enerxías renovables a favor das grandes eléctricas, esiximos a inmediata dimisión do ministro Soria e a actuación da Fiscalía Anticorrupción para determinar en que circunstancias, quen e por que motivo se procedeu a recortar 3.000 millóns anuais ás enerxías renovables sen contar con informes técnicos que avalasen a devandita medida.

As próximas 72 horas desatásese unha inesperada tormenta cidadá, podemos sobrequecer a atmosfera mediática e axudar a que se inicien as accións necesarias para esclarecer os feitos e depurar responsabilidades penais e políticas. Tamén as do ministro Soria.

Baixo a sombra da poderosa armazón montada polas grandes eléctricas, a tramposa decisión de Industria só serviu para poñer ao sector das enerxías renovables ao bordo do colapso, por non falar dos miles de millóns que nos pode custar aos españois a longa lista de denuncias contra España en tribunais internacionais.

A medio e longo prazo, o prezo pode ser moito maior. Con decisións así, España está abocada a perder o tren tecnolóxico no que hai tan só uns anos eramos líderes mundiais, e de paso pagar máis caras os seus renovables no futuro.

O tráxico do asunto é que o machadazo de Soria se produce non só cando necesitamos máis desesperadamente a transición das nosas economías cara a un modelo limpo e sostible, senón xusto no momento no que as renovables son máis competitivas que as enerxías fósiles sen necesidade de contabilizar os enormes beneficios sociais e ambientais que as acompañan.

Pero hai esperanza. As costuras deste goberno están a rebentar baixo a presión da corrupción e a soberbia, e un enorme empuxón cidadán pode facer que lles salte o escándalo nas mans. É a nosa mellor oportunidade de frear a demolición das enerxías limpas no noso país. Asina aquí para facer unha nación mais sanda fóra de contaminacións.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: