ை Venden o Ministerio de Medio Ambiente Español

ilcanallarubens_Venden o Ministerio de Medio Ambiente Español_2015

Onte, no Día Mundial do Medio, activistas de Greenpeace puxeron en venda o Ministerio de Medio por 1 euro, que é aproximadamente o valor que lle dá o Goberno. Para que se vise ben claro, cubriron completamente o enreixado da súa fachada principal con 200 m² de carteis coa mensaxe “Véndese por cesamento de actividade”. E instalaron unha oficina inmobiliaria fronte ao edificio para informar os viandantes.

A razón desta acción foi para dicir que o Ministerio de Medio nun “Ministerio floreiro”. O Goberno dedícao exclusivamente a tramitar os desexos do Ministerio de Industria e das grandes multinacionais. Actividade ten, pero ningunha en defensa do medio: entre as grandes “fazañas” do Ministerio nos últimos anos encóntrase o permitir proxectos tan polémicos como o fracking ou as prospeccións petrolíferas, e reformar, en contra do interese ambiental e cidadán, leis como a Lei de Costas, a Lei de Montes ou a Lei de Parques Naturais.

Non é de estrañar, polo tanto, que o medio sexa unha das grandes vítimas da crise, o que tivo graves consecuencias sociais. Por exemplo, a ilcanallarubens_Venden o Ministerio de Medio Ambiente Español_01_2015corrupción urbanística, as portas xiratorias ou os recortes carrexaron desemprego e empeoramento da calidade de vida. A degradación do medio tamén se traduce en impactos sobre a saúde. E as políticas destinadas a favorecer as grandes compañías eléctricas xeran pobreza enerxética nas familias máis humildes, ademais de seguir contribuíndo a prolongar a vida das fontes de enerxía obsoletas e contaminantes.

En definitiva, o Ministerio que debería velar polo medio no noso país converteuse, en cambio, nun dos seus principais inimigos. E as consecuencias diso sufrímolas todos. As únicas beneficiadas son as grandes empresas. O pobo ten que poñer o freo a esta situación, e seguir dicindo que o medio importa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: