ை O sol vai deixar de ser gratis

ilcanallarubens_O sol vai deixar de ser gratis_2015

O Goberno vai establecer un “imposto ao sol”. É un paso máis do seu baile ao compás das grandes eléctricas no seu obxectivo de boicotear e desincentivar o autoconsumo de enerxía. O novo proxecto de Real Decreto proposto polo Ministerio de Industria obrigará os consumidores conectados á rede que queiran xerar a súa propia enerxía a pagar un “imposto ao sol”.

Non podemos permitilo. O ministro José Manuel Soria ten que reflexionar e descartar este despropósito, que vela só polos intereses das grandes eléctricas. E en caso de que siga adiante, solicitaremos aos partidos que aspiran a gobernar tras as próximas eleccións que, se finalmente se aproba o Real Decreto, se comprometan a derrogalo e substituílo por unha normativa que favoreza o autoconsumo, as enerxías renovables e o aforro enerxético. En definitiva, que defendan un modelo sensato, eficaz e sostible.

É inaceptable que o ministro Soria pretenda que os autoconsumidores paguen por duplicado os custos que ten o sistema eléctrico: primeiro cando consumen enerxía da rede, e segundo cando consumen a enerxía que eles mesmos producen. Isto non é un problema técnico, senón unha declaración política que intenta poñer freo aos que queiran producir a súa enerxía. Dese xeito impiden que os consumidores poidan gañar autonomía fronte ás grandes eléctricas. Ademais, o texto legal é ambiguo e complexo para provocar medo nos que se estean a formular xerar a súa propia enerxía.

Nun ano clave como este, coa conferencia do clima de París no horizonte, non podemos seguir apostando por un modelo contaminante, obsoleto e que unicamente defende os grandes beneficios das grandes eléctricas a custa da cidadanía e os consumidores. Non queremos este modelo. Asina para pedir un modelo renovable, limpo e eficiente! Aqui

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: