ை Un cabalo de torya polas rúas de Vigo

ilcanallarubens_ICR-Photographer_Non ao TTIP en VIGO_Cabalo de troya_2015

A asociación Amigos da Terra despregou a tarde de onte en Vigo un cabalo de Troya de oito metros de altura para concienciar á cidadanía dos efectos do tratado transatlántico de comercio e investimentos entre Estados Unidos e a UE (TTIP, polas súas siglas en inglés). Esta iniciativa xa percorreu 45 cidades de 156 países e onte iniciou o seu periplo por Galiza -mañá recalará en Ourense- tras pasar antes por Madrid, Rivas e Fuenlabrada; logo continuará por Catalunya e Andalucía, para posteriormente dar o salto a Portugal.

Con esta acción, AmigosTerra reclama aos europarlamentarios «que se posicionen en contra do TTIP e a favor da cidadanía» tras criticar as «graves consecuencias que ten este acordo». Estados Unidos e a Unión Europea seguen negociando un tratado comercial ás costas á cidadanía. O TTIP, o Tratado de Comercio e Investimentos, supón unha perda de dereitos cidadáns, con máis recortes e privatizacións, e sitúa os intereses privados por encima das persoas. Este tratado de Troia pon en risco a democracia e a soberanía dos Estados, afectará a calidade da nosa alimentación, os servizos públicos, permitirá a entrada de máis enerxías sucias e perigosas, e os estados veranse atados de pés e mans ante a vontade das multinacionais. A pesar de todos estes perigos, os portavoces das negociaciones ocultan esta perda de dereitos e seguen vendendo o TTIP como un antídoto á crise: é o Cabalo de Troia do século XXI.

Denuncia que os promotores do tratado (os gobernos da UE, Estados Unidos e as grandes corporacións) pretenden impulsar un tratado que «liberalizará e estimulará o comercio achegando riqueza» pero que só é «un engano que trae no seu interior terribles consecuencias».

«Non falamos de consecuencias afastadas da nosa vida cotiá senón que os efectos vanse deixar sentir moi directamente no día a día dos cidadáns», apuntan dende AmigosTerra.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ilcanallarubens_ICR-Photographer_Non ao TTIP en VIGO_2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: