ை Do G7 a París: Adeus aos Combustibles Fósiles!

ilcanallarubens_Del G7 a París_Adios Combustibles fosiles_2015

Moitos dixéronnos que era un sono imposible, pero os países máis poderosos do mundo acaban de comprometerse no cumio do G7 a que a economía global deixe de depender dos combustibles fósiles para sempre! A ver se o goberno Español toma nota e deixa de favorecer as grandes compañias eléctricas da nación.

Ata os medios de comunicación máis tradicionais e cínicos están de acordo en que se trata de algo importante.

E é un paso de xigante cara a unha gran vitoria no cumio de París de decembro, onde o planeta enteiro podería unirse co obxectivo de lograr un mundo sen combustibles fósiles, é a única forma de que todos nós nos salvemos da catástrofe do cambio climático.

Durante dous anos, a nosa comunidade foi líder na mobilización pública para lograr este obxectivo, incluíndo os seguintes esforzos:

Encabezar a xigantesca e transcendental Marcha Cidadá polo Clima, á que asistiron case 700.000 persoas, reunindo 2,7 millóns de firmas nunha petición polas enerxías 100% limpas, enviando un cuarto de millón de mensaxes a Ministerios de Medio de todo o mundo de cara ás negociacións clave de Lima, e realizando decenas de marchas, reunións, enquisas e campañas publicitarias (todo iso financiado pola nosa comunidade) para impulsar a adopción de obxectivos ambiciosos de redución nas emisións de CO2 a nivel mundial.

Xuntos, xogamos un papel central na creación dun momento transformador para as políticas sobre cambio climático, preparando o terreo para a presión intensiva de dous meses que exerceriamos no cumio do G7 e sobre a súa presidenta, Angela Merkel, para que dixese adeus aos combustibles fósiles…

Como anfitrión do cumio de París, o goberno francés tivo un papel crucial no cumio do G7. En repetidas ocasións, reunímonos co presidente francés, François Hollande, a ministra de Medio, Ségolène Royal, o ministro de Asuntos Exteriores, Laurent Fabius, e outros membros do gabinete ministerial para facerlles chegar as voces dos nosos membros e ofrecelos os nosos argumentos para perseguir este obxectivo a longo prazo.

Centos de membros seguiron todos os pasos de Merkel nas semanas previas ao cumio. Dende Hamburgo ata Berlín, e durante todo o seu camiño ata a reunión do G7, puido escoitar as nosas voces animándoa a ser o ‘chanceler climático’. Merkel recoñecíanos e non podía evitar sorrirnos. Isto encantoulle á prensa e os nosos heroes voaron polos noticieros de todo o planeta!

Fixemos entrega en persoa da nosa petición polas enerxías 100% limpas a todos os ministros relevantes do gabinete de Merkel, e os rumores de que imos en serio chegaron ata a súa oficina.

Fixemos un chamamento a Xapón e Canadá, opositores ao acordo. En ningún momento o resultado estivo garantido hai uns meses, nin sequera estaba claro que o G7 se centraría nestas cuestións, e os opositores de Canadá e Xapón parecían dispostos a facer fracasar o acordo que necesitabamos. A nosa comunidade de Xapón enviou un montón de mensaxes ao seu goberno e recadamos centos de miles de dólares a través de pequenas doazóns procedentes de todo o mundo para publicar un anuncio a toda páxina no Financial Times, realizar enquisas de opinión e producir un anuncio viral en Canadá que foi visto en máis de 450.000 ocasións a través de Facebook e YouTube en menos de dous días.

Por petición persoal de Merkel, reunímonos co seu principal asesor climático xusto antes do cumio. Puidemos explicarlle en detalle que esperaban do chanceler estes 2,7 millóns de membros de Avaaz. Outras fontes internas dixéronnos que o feito de saber que contaba co apoio dun movemento masivo como o noso, e que non só se criticarían os seus fallos senón que se valorarían os seus progresos, influenciou de verdade a vontade de Merkel e doutros líderes de pelexar duro por esta causa.

Non nos relaxamos nin un segundo. Traballamos con Mark Ruffalo (con Hulk!) e fixemos que a nosa petición polas enerxías 100% limpas alcanzase os 2,7 millóns de firmas nos últimos días, informamos os xornalistas do G7 sobre a nosa campaña, fixemos preguntas nas roldas de prensa e falamos cun dos secretarios deMerkel para asegurarnos de que este tema sexa prioritario.

E agora, co liderado de Merkel e do presidente francés, François Hollande, logramos unha verdadeira vitoria para o clima digna de celebración!

Ademais, o G7 non só despediuse dos combustibles fósiles, senón que se pronunciou enerxicamente contra todos os aspectos do cambio climático, afirmando que a súa intención é lograr o seguinte en París:

  • ‘Descarbonizar’ a economía global no transcurso do século.
  • Asinar un acordo vinculante que teña validez xurídica (isto tamén é un paso enorme!).
  • Procurar transformar o sector enerxético para 2050.
  • Aspirar a reducir as emisións de CO2 ata un 70% para 2050 (en comparación con 2010).
  • Desenvolver un plan para mobilizar 100 mil millóns de dólares anuais en fondos destinados a loitar contra o cambio climático en países en vías de desenvolvemento (outro gran logro!).
  • Proporcionar catro veces máis seguridade e protección a 400 millóns de persoas de entre as máis pobres e vulnerables ao cambio climático.
  • Hai apenas un ano parecíanos que o “monstro” que é o cambio climático tiña case condenada á nosa especie á extinción debido á nosa propia estupidez e corrupción.

Pero, grazas á esperanza e a unha boa estratexia — fórmula que nos gusta chamar “o efecto Avaaz“: ) — e os esforzos de moitos líderes como Merkel e o Papa Francisco, organizacións como os nosos amigos de 350, o traballo do xornal The Guardian sobre o desinvestimento en combustibles fósiles, así como as extraordinarias investigacións de grupos como o World Resources Institute, a maioría dos expertos cren que están a cambiar as cousas e que está a cobrar forza a posibilidade de alcanzar este ano un acordo global en París que poña ao mundo rumbo a unha solución.

Aínda queda moito camiño por andar e o mundo enteiro ha de involucrarse. Seguiremos premendo. Isto implica sacar un millón de persoas á rúa para a Marcha Cidadá polo Clima de 2015, seguir asistindo a reunións internacionais para defender o noso obxectivo, facer un feroz labor de enredo, realizar un maior traballo a nivel nacional para frear aos opositores ao acordo e facer xurdir novos heroes que se unan a Merkel.

París, alá imos!

PD: A declaración do G7 é só un compromiso e temos que facer que estes países rendan contas. Pero trátase dun compromiso moi importante, xa que envía unha mensaxe inmediata aos investidores, tanto de enerxías limpas como sucias, que contribuirá a acelerar a expansión das enerxías renovables que tan desesperadamente necesitamos. Na nosa páxina de celebración podes encontrar máis información acerca do cumio e de como axudamos a gañar esta batalla: Aqui

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: