ை O glifosato e os seus efectos

ilcanallarubens_Comes glifosato_2015

Nun estudo recente, a Organización Mundial da Saúde vinculou o herbicida glifosato co cancro humano. O glifosato é o herbicida máis estendido do mundo, e millóns de hectáreas de cultivos, parques e beirarrúas son regados con el cada ano. A súa autorización na Unión Europea remata o próximo 31 de decembro, polo que se encontra en proceso de reavaliación. Agora podemos paralo!

O glifosato foi patentado en 1970 pola multinacional Monsanto, que o comercializa dende entón co nome de Roundup. Dende que a súa patente caducou no ano 2000, numerosas compañías producen hoxeglifosato con diferentes nomes comerciais, aínda que o Roundup de Monsanto segue sendo o herbicida máis vendido no mundo e reporta á compañía uns beneficios astronómicos. En 2014, a venda de Roundup representou un terzo das vendas totais de Monsanto.

Segundo a propia Monsanto, en Europa existen actualmente máis de 2.000 produtos autorizados que conteñen glifosato. Este herbicida utilízase amplamente tanto na agricultura, como na silvicultura e a xardinaría, por iso estamos expostos a el tanto a través do aire que respiramos, da auga como dos alimentos que comemos.

Agora é o momento de actuar para eliminalo do noso ámbito. Temos que dicirlles aos nosos representantes políticos que teñan en conta o informe da Organización Mundial da Saúde e que non renoven a autorización do glifosato en Europa. Ti podes facelo! Asina para dicirlles á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Isabel García Tejerina e ao ministro de Sanidade Alfonso Alonso Aranegui que coa saúde non se xoga. Di NON ao glifosato! Aqui

Temos a oportunidade de lograr que se comprometan a frear o uso doglifosato e a apoiar un modelo de agricultura ecolóxica, que non dependa de substancias perigosas, respecte a saúde das persoas e o medio e nos provea de alimentos sans para todos hoxe e no futuro.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: