ை Estados Unidos prohibirá para sempre os impostos no acceso a Internet

ilcanallarubens_internet derecho humano imprescindible_2015

Estados Unidos dá un paso máis na consolidación de Internet como un dereito básico do home ao impedir que se cobren impostos no acceso á Rede así como en todos os servizos online que non teña un equivalente fóra do mundo dixital. Esta medida non é realmente nova, xa que se leva aplicando dende fai xa 18 anos, pero non por medio dunha prohibición permanente como a que se está a discutir agora, senón por medio dunha moratoria que se foi alongando de forma provisional e que finalizaba o próximo un de outubro.

En cambio, a Cámara de Representantes de Estados Unidos propuxo tomar esta medida sen data límite por medio do seu proxecto de lei Permanent Internet Freedom Act, que agora ten que aprobar o Senado. Esta norma impedirá pois que os distintos Estados do país poidan incluír calquera imposto relacionado co acceso a Internet (conexións e servizos de telecomunicacións) así como dos servizos 100% cibernéticos que se desenvolvan na Rede, como por exemplo o correo electrónico.

Esta medida non afectará aos servizos online que teñan equivalentes no mundo real, como por exemplo tendas de roupa, música ou electrónica. Nestes casos, a lei permitirá a cada Estado desenvolver ou non a súa propia política impositiva, como ata o momento: 45 Estados si cobran impostos ás compras online aínda que son os clientes os que deben pagar estes tributos e non as tendas, o que leva consigo a que na maioría das ocasións non se chega a efectuar o pagamento das taxas.

Prohibición sen excepcións xeográficas á recadación tributaria por Internet

A nova proposta de lei inclúe tamén unha importante novidade respecto á anterior moratoria: non hai ningún Estado que se vexa libre de saltarse a norma. Ata agora, Estados como Ohio, Texas ouWisconsin, quen xa crearan as súas leis para cobrar impostos no acceso á Rede antes de 1998, estaban exentos da moratoria e podían seguir cobrando as súas taxas relixiosamente aos internautas.

Non obstante, coa nova lei que se está a debater, estes Estados terán que eliminar a súa lexislación ao respecto e deixar de cobrar os impostos asociados a Internet. Iso levará consigo, segundo afirman os analistas do sector en EUA, unhas perdas para as arcas públicas destas zonas de ata 500 millóns de dólares ao ano.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: