ை Pais e nais piden a volta á gratuidade dos libros de texto

ICR-Photographer© ConferacionGalegaDeAmpas 001

As asociacións de nais e pais de alumnos deron onte o primeiro paso para facer fronte ao modelo de banco de libros de texto “imposto” polo Goberno galego, protagonizando e impulsando concentracións de rexeitamento en diversas localidades galegas como parte dunha campaña da Confederación de Anpas Galegas.

En Vigo, entregáronse onte medio centenar de escritos no rexistro da delegación territorial da Xunta, asinados por outros tantos pais, nos que se traslada a súa oposición ao chamado “fondo solidario”, que implantará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o próximo curso. Varias decenas de pais concentráronse, posteriormente, no Farol de Urzaiz para reclamar a “gratuidade universal” dos libros de texto, con varias pancartas nas que se lía ‘Escola pública de todos para todos’, ‘Foanpas, en defensado ensino público’ e ‘todos con libros’, entre outros lemas.

En declaracións aos medios, a presidenta de Foanpas, Dores Fernández, afirmou que o banco impulsado pola Consellería “non” garante que todos os alumnos teñan libros de texto” e “provoca situacións de diferenciación visible” entre os estudantes, dado que se nutrirá dos manuais comprados con cheque escolar que se devolvan do curso anterior e aínda non conta cunha provisión de efectivos. Así mesmo, criticou que se “nega material educativo aos alumnos con necesidades educativas especiais” e sobrecargarase de traballo ás direccións dos centros, que terán que asumir a xestión do sistema e a repartición dos manuais.

Dende este colectivo, Bertila Fernández, reclamou pola súa banda que se impulse “unha lei que transcenda os gobernos” para regular a cesión gratuíta e universal dos libros de texto, e que “se garanta un banco completo” cos manuais que necesitan os alumnos, algo que, ao seu xuízo, a actual norma non cumpre.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]ilcanallarubens_pasquinFOANPAS_vigo_2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: