ை Vigo solidarízase con Takbar Haddi pedindo xustiza.

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Takabar Haddi_2015

A folga de fame de Takbar Haddi reclamando o seu dereito a coñecer a verdade inegra, completa e pública sobre a sorte e o paradeiro do seu fillo Mohamed Lamin Haidala.

Takbar Haddi é una muller saharaui de 42 anos de idade, afincada dende fai 10 anos na illa de Tenerife, tras abandonar o Sájara Occidental dada a situación de inestabilidade política e persecución reinante no territorio. Takabar Haddi mantén dende o pasado 15 de maio una folga de fame indefinida fronte ao Consulado de Marrocos nas Palmas de Gran Canaria, reclamando a devolución do corpo do seu fillo Mohamed Lamin Haidala – falecido o pasado 8 de febrero-, co fin de darle a sepultura e reclamando o seu dereito a conocer a verdade sobre a circunstancias da súa norte, a evolución e resultados dunha investigación independente, e o lugar onde se atopa o seu cadáver.

Onte na cidade de Vigo diante do museo de arte contemporánea M.A.R.C.O. houbo unha vixilia dende as 20 h ata as 23 h en apoio a esta nai. Mohamed Lamin Haidala, coñecido activista en defensa do dereito á autodeterminación do Pobo Saharaui, resultou ferido de gravidade o pasado 31 de xaneiro, presuntamente agredido por colonos marroquís no Aaiún, capital do Sahara Occidental, actualmente baixo a administración de Marrocos dende o abandono de España do territorio. Sen recibir asistencia sanitaria e tras deambular por diferentes hospitais, Mohamed Lamin Haidala faleceu o pasado 8 de febrero aos 21 anos de idade.

Segundo o propio testemuño de Takbar Haddi, cando se desprazou ata o Sáhara Occidental para reclamar o corpo do seu fillo, as autoridades marroquís negáronlle o acceso e esixironlle que asinase previamente a partida de defunción. Conforme á súa declaración, as autriedades  marroquís ofrecéronlle 90.000 euros a cambio de silencio.

Dende entón, segundo denuncia ela mesma, a casa familiar do Aaiún de Mohamed Lamín e Haddi atópase vixiada constantemente pola policía de ocupación marroquí, e os familiares sufriron agresións e ameazas.

Dita vixilia foi organizada por SOGAPS, que e unha organización en Galiza de Apoio ao Pobo Saharaui e pertencen a CEAS-Sáhara.

CEAS-Sáhara é membro de pleno dereito da Federación de Asosacións de Defensa e Promocion dos Dereitos Humanos de España que ten recoñecido o Estatuto Consultivo Especial ante o Consello Económico e Social (ECOSOC) de Nacions Unidas, baixo cuxo paraugas CEAS-Sáhara intervén de forma activa e regular no Consello de dereitos Humanos de Xenebra en defensa dos dereitos humanos da población saharaui e reclamando protección para as e os defensores dos dereitos humanos no Sáhara Occidental.

Nesta Vixilia esixían ao Gonberno Español, como potencia administradora de IURE do Territorio non autónomo do Sahara Occidental onde ocorreron os feitos.

Que intercedan fronte ás autoridades marroquís para que se abra una investigación independente sobre este crime e as circunstancias que o rodearon, co fin de xulgar a cada un dos responsables do mesmo.

Que esixia a exhumación e autopsia do cadáver de Mohamed Lamin Haidala, por médicos especialistas e imparciais para aclarar as causas da súa norte e entregar os restos mortais á familia para que lle poidan dar sepultura dunha forma digna segundo as súas tradicions.

Que se manifeste co respeto a este caso e abandone o silencio que mativo ata o momento porque como dixo o Premio Novel da Paz, Desmond Tutu, “Si es neutral en situación de inxustiza, elixiche o lado do opresor”.

Recoñecendo o valor, determinación e entrega de Takbar Haddi no reclamo dos seus dereitos mais fundamentais mediante una folga de fame indefinida, como último recurso ante a negativa reiterada das autoridades marroquís a acceder ás súas lexítimas demandas.

Entendendo que si finalmente Takbar Haddi non abandona a folga de fame e more, o Goberno español será tan responsable como o marroquí desta morte.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: