ை Jazztel dá o ‘si quero’ a Orange

ilcanallarubens_apertura-orange.jazztel_2015

O próximo 1 de xullo Orange liquidará a compra de Jazztel, despois de que os accionistas propietarios do 94,75% do capital social da compañía aceptasen a oferta pública de adquisición realizada pola operadora gala a un prezo de 13 euros por acción, tal e como informou hoxe a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Isto supón que Orange aboará 3.179 millóns de euros pola compra desta porcentaxe maioritaria do capital social. Esta liquidación faraa o próximo 1 de xullo. Polo 5,25% restante do capital (que Orangeadquire exercendo o dereito de venda forzosa) pagará outros 176 millóns de euros (o prezo por acción é o mesmo que o da oferta pública: 13 euros). Este aboamento realizarase en torno ao 13 de agosto. Será entón cando as accións de Jazztel se excluirán de negociación de modo automático das Bolsas de Valores españolas.

Como asevera un comunicado emitido por Orange, a compañía “está moi satisfeita con este resultado, que permitirá a Orange España eJazztel construír xuntos o operador converxente máis dinámico do mercado español,”. Co control de Jazztel, reza o escrito, o Grupo Orange beneficiarase das esperadas sinerxías resultantes da integración. “Orange enfocarase agora no éxito da integración operativa de ambas as dúas compañías”, conclúe.

A intención de compra de Jazztel por Orange viña rumoreándose dende hai meses e finalmente foi en setembro de 2014 cando a operadora de orixe francesa confirmou esta noticia. Esta é a segunda grande operación de compra no mundo das telcos despois de que o pasado ano Vodafone conseguise Ono para completar a súa oferta converxente.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: