ை ‪SOS Freedom Flotilla‬

GZfoto

GZfoto

Na madrugada do día de onte buques de guerra da armada israelí asaltaron en augas internacionais a embarcación “Marianne”, pertencente á “Frota da Liberdade”, que se dirixía con material humanitario a Gaza. Nesta embarcación viaxaba a Ana Miranda, xunto outros 16 tripulantes de diversas nacionalidades.

Ana Miranda e o resto de tripulantes viaxan agora retid@s e incomunicad@s polas forzas armadas israelís até o porto militar de Ashdod. Cómpre aclararque o asalto, en augas internacionais, vulnera os máis elementais principios do dereito marítimo internacional: é un acto de auténtica pirataría. Pola información que posuímos, o goberno israelí vai negar asistencia consular á súa chegada a Ahdod, e todo indica que Ana Miranda e o resto de activistas serán conducidos a un “centro de detención” baixo xurisdición militar.

Desde o primeiro momento, o BNG está a realizar xestións urxentes perante o Goberno español, Comisión Europea e Xunta de Galiza co fin de reclamar a seguranza, integridade e posta en liberdade de Ana Miranda e o resto de activistas internacionais. Rexeitamos rotundamente este novo acto imperialista do estado de Israel, e manifestamos a nosa plena solidariedade co pobo palestino.

Accións valentes como a de Ana Miranda teñen como obxectivo, xustamente, o de pór en cuestión a impunidade do estado de Israel e reivindicar o fin do bloqueo a Gaza.ilcanallarubens_Ana Miranda _2015

O BNG e outras asociacións de solidariedade con Palestina convocou no dia de onte concentracions nas principais vilas galegas, concentracións urxentes. Nestas concentracions expresaron a solidariedade co pobo palestino e con a galega Ana Miranda. A concentración na cidade de Vigo foi diante do museo de arte contemporanea M.A.R.C.O. que arrancou as 20h.

Esta acción, calificada polos organizadores como auténtico “acto de piratería” puxo fin a un novo convoi que tentaba chegar ás costas palestinianas con material humanitario para rachar un bloqueo de máis de 8 anos que provoca situacións de penuria na faixa de Gaza.

O rexime sionista amosa así, máis unha vez, a súa faciana represiva ante os ollos do mundo enteiro. No Marianne, principal barco da flota, ía, entre outras persoas a eurodeputada galega Ana Miranda, que se atopa nestes momentos incomunicada xunto ao resto da tripulación nun porto militar de Israel, onde serán previsibelmente interrogados e deportados.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: