ை O Ártico estea máis preto da súa protección.

ilcanallarubens_proteger el Ártico _2015

Hoxe quero darvos os parabéns porque fixestes posible que agora o Ártico estea máis preto da súa protección.

A semana pasada a comisión OSPAR, dependente dos compromisos da ONU, elaborou un plan para a protección efectiva da parte atlántica do Ártico, que inclúe a creación dunha Área Mariña Protexida en 2016. Este área protexerá o 10% do Ártico, o cal é un recoñecemento da importancia de preservar o Ártico e un paso fundamental para lograr a protección total do Ártico.

E todo isto non tería sido posible sen o voso apoio. Por primeira vez alcánzase un acordo internacional tras unha demanda da sociedade civil! Sodes os sete millóns de persoas que, como ti que me estiveches a ler sobre esta problemática ao implicarte a asinar as peticións pola protección do Ártico, os que fixestes agora posible esta vitoria.

Agora pídoche estimada lectora ou lector que deas un paso máis ete unhas a Greenpeace para seguir loitando pola protección total do Ártico.

Pica aquí para loitar polos osos polares! ʕ•͡ᴥ•ʔ

Como sabes, non foi unha vitoria casual. Habeis visto multitude de post no meu blog, e asinaches, compartido e denunciado moitas veces. E ese apoio foi vital! Con el estivemos a traballar durante tres intensos anos, sumando apoios e construíndo pasito a pasitoesta importante primeira vitoria. Involucramos importantes personaxes como Alejandro Sanz, Elena Anaya, Gemma Mengual ou Emma Thompson, realizamos accións pacíficas (unha das cales levou a 30 dos nosos activistas a pasar dous meses nun cárcere ruso!), visitamos o Ártico anualmente para constatar o seu desxeo, convencemos grandes empresas como Lego a que non se mesturen con petroleiras que queren perforar o Ártico, e falamos cos representantes políticos máis influentes para lograr a protección do Ártico. E agora, por fin, conseguimos un primeiro compromiso!

Agora non hai que baixar a garda e facer todo o posible para que en 2016 se culmine a vitoria e se faga efectiva a primeira Área Mariña Protexida do Alto Ártico. Greenpeace seguirá sendo a voz deses sete millóns de persoas e non pararemos ata que se protexa o océano máis desprotexido do planeta.

Contamos contigo para conseguir a súa protección total!

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: