ை Vigo co pobo grego, nós tamén somos Grecia.

ilcanallarubens_nosTAMENsomosGRECIA_OXInoVIGO_Galiza_2015

O día de onte, venres 3 de xullo, varias persoas concentráronse diante do museo de arte contemporánea M.A.R.C.O. ao principio da rúa de príncipe, a concentración foi para mostrar o apoio ao pobo grego. Pobo que nas eleccións de xaneiro de 2015 o pobo grego votou un programa contra a austeridade e pola reestruturación da débeda. O goberno de Siryza negociou coa Comisión Europea unha solución que permitise derrotar a austeridade e recuperar o crecemento económico e os dereitos das traballadoras á negociación colectiva, das pensionistas a unha vida digna e do pobo grego no seu conxunto á dignidade e a democracia fronte aos poderes financeiros e a Troika.

Mais, a maioría neoliberal existente na Unión Europea fixo imposíbel un acordo aceptábel. Diante desta chantaxe o goberno grego decidiu que sexa o pobo o que decida se acepta ou rexeita a última oferta recibida. O goberno de Siryza chama a votar NON.

O combate pola democracia do pobo grego é o máis importante, en Europa, nas últimas décadas. O que está en xogo é se nas sociedades europeas mandan os pobos ou o capital financeiro e as organizacións da gran patronal.

No histórico discurso en que comunicou ao pobo grego a convocatoria do referendo Alexis Tsipras dixo:

Pediron ao goberno grego que aceptase unha proposta que inclúe unha nova carga insostible para o pobo grego e que socava a recuperación da economía e da sociedade grega, unha proposta que non só perpetúa o estado de incerteza, senón que acentúa aínda máis as desigualdades sociais.

A proposta das institucións inclúe medidas que conducen á desregulación do mercado de traballo, recortes nas pensións, máis reducións nos salarios do sector público e un incremento do IVE dos alimentos, restaurantes e turismo; ao tempo que elimina as exencións fiscais para as illas gregas.

O lema da concentración foi nós tamén somos Grecia, concentración que se desenvolvemento baixo un clima totalmente hermandado, na concentración encontrábanse partidos como sindicatos e cidadáns da pé. Vigo segue sendo referente en Galiza en solidariedade cos pobos e os seus cidadáns. Na concentración o voceiro que leu o manifesto dixo que Grecia é o berce da democracia e vai enviar unha resposta contundente e democrática a Europa e ao mundo.

Persoalmente, comprometinme a respectar o resultado da escolla democrática, sexa cal sexa.

E estou absolutamente seguro de que a vosa escolla honrará a historia do noso país e enviará unha mensaxe de dignidade ao mundo. Nestes momentos críticos, temos que lembrar todos que Europa é o fogar común dos pobos. Que en Europa non hai propietarios e hóspedes. Grecia é, e seguirá a ser, unha parte integrante de Europa e Europa unha parte integrante de Grecia. Pero sen democracia, Europa será unha Europa sen identidade e sen rumbo.

Todos e todas mostraron a unidade nacional e a tranquilidade, co fin de tomar as decisión correctas. Para nós, para as xeracións futuras, para a historia dos gregos.

Pola dignidade e a soberanía do noso pobo.

Por iso nós, cidadás e cidadáns galegos estamos hoxe aquí, en pé, co pobo grego, defendendo a dignidade e a soberanía dos pobos, o seu dereito a decidir como queren organizar a vida común, o seu dereito a decidir, tamén, entre distintas políticas económicas.

Por iso denunciamos a actitude do goberno do Partido Popular que se alineou coas posicións máis duras da Comisión Europea para intentar dar un aviso aos desexos maioritarios dunha mudanza política e económica que beneficie a maioría social. Denunciamos tamén a complicidade do PSOE coas políticas antisociais da Troika.

E por iso ao defendermos os dereitos do pobo grego defendemos o noso dereito á liberdade, á soberanía e á democracia fronte ao ditado dos grandes capitais.

Viva a loita do pobo grego contra as imposicións da Troika! Viva a loita do pobo grego pola democracia e a soberanía! Nós tamén somos Grecia.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: