ை Campaña para que todos os dereitos sexan de primeira

ilcanallarubens_Queremos que todos los derechos sean de primera_2015

Sabías que as persoas temos unha serie de dereitos humanos regulados e protexidos polo dereito internacional e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos? Sabías que estas normas son vinculantes para España, mesmo para a propia Constitución? Estes dereitos son todos igual de importantes e relaciónanse uns con outros. Non obstante, a Constitución Española recólleos e protexe de forma desigual e insuficiente, o que afecta ás nosas vidas.

A nosa Constitución crea dereitos ‘de primeira’, mellor protexidos e que poden ser reclamados directamente ante a xustiza, como o dereito á vida ou a liberdade; e dereitos ‘de segunda’, como o dereito á saúde, a vivenda ou ao medio saudable, que non se pode reclamar directamente ante os tribunais. O artigo 53 coa súa formulación actual é responsable disto.

Non obstante, o desmantelamento de políticas públicas foi drástico, como a cooperación para o desenvolvemento -cun recorte do 70% dende 2008-, ou as políticas de protección ambiental. Entre 2009 e 2015, o investimento en medio nos Presupostos Xerais do Estado sufriu un recorte do 56%, establecéndose cifras ridículas para a loita contra o cambio climático.

Por iso Amnistía Internacional, Greenpeace e Oxfam Intermón piden unha reforma da Constitución que protexa mellor todos os nosos dereitos. Ademais, queremos que a Constitución se amplíe. Estes dereitos han de estar protexidos sempre, e o seu financiamento asegurado mesmo en tempos de crise.

Únete á campaña e blinda os teus dereitos! aquí

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: