ை Cláusulas máis habituais e abusivas no contrato de aluguer.

ilcanallarubens_STOPdesafiuzamentos_INFORMACION_ cláusulas abusivas máis habituais nos contratos de aluguer _2015

Antes de formalizar un contrato de aluguer dunha vivenda, hai que revisar se contén as chamadas cláusulas nulas ou abusivas, as que establecen limitacións aos dereitos dos inquilinos. Non sempre as cláusulas son válidas, afirma o portal Idealista. Estas son algunhas delas:

Falsos arrendamentos de tempada: Unha das “trampas” habituais entre arrendadores é asinar arrendamentos de 11 meses coa intención de evitar a aplicación da normativa de arrendamentos de vivenda, ao facelo pasar por un arrendamento de tempada. O arrendatario ten dereito a estar ata tres anos se o inmoble é unha vivenda habitual. Para que un arrendamento poida ser considerado de tempada, debe haber unha causa que xustifique esa temporalidade e a existencia dun domicilio permanente do arrendatario distinto á vivenda que se arrenda.

Negativa á prórroga legal: Outra cláusula habitual é aquela que sinala que o arrendamento ten unha duración dun ano, transcorrido o cal as partes poderán decidir prorrogalo. A prórroga legal establece que se prorrogará obrigatoriamente para o arrendador e de forma voluntaria para o arrendatario ata un máximo de 3 anos.

Obrigado cumprimento do primeiro ano: Outra cláusula é a que di que o primeiro ano é obrigatorio, fixando unha penalización no caso contrario. Pero a lei establece que o arrendatario ten dereito a dar por rematado o contrato en calquera momento unha vez pasados os seis primeiros meses, e a penalización, de habela, estará limitada ao que a lei establece.

Pagamento por adiantado de máis dun mes de renda: O arrendador non pode esixir o pagamento por adiantado de máis dunha mensualidade de renda. Por iso, se o contrato previse que o arrendatario ten que aboar 2 ou 3 meses de renda por adiantado, o arrendador non poderá desafiuzalo se non o fai. Non hai que confundilo con outros pagamentos, como fianza, garantías adicionais ou a prima da opción.

Traslado do deber de conservación da vivenda: O arrendador ten obriga de realizar as obras necesarias para a axeitada conservación da vivenda. O traslado destas obrigas ao arrendatario pode ser contrario á LAU.

Acceso á vivenda polo arrendador: O arrendador non pode entrar á vivenda para comprobar o seu estado. A devandita cláusula é contraria á inviolabilidade do domicilio establecida na Constitución.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: