ை Tallan novamente varias árbores na Detroit Viguesa.

Ilcanallarubens_ICR-Photographer_Tallas_Rua Serafín Abeldaño

Foto E.I. [12-05-2015] // F.V. [22-07-2015]

Este humilde blog leva denunciando dende fai un bo tempo a talla indiscriminada de arbores na cidade de Vigo, desta vez as tallas foron no terreo que hai entre a autoestrada AP-9 e a rúa Serafín Avendaño foron este ano un pasado máis alá, sempre coa escusa de limpeza que cada ano se realiza. E é que en lugar das habituais rozas e eliminación de árbores de pequeno porte, mediano porte e gran porte, este ano se está a proceder a tallar os exemplares de maior magnitude. Segundo denuncian algúns veciños, que temen que poida haber corrementos, cortouse un gran plátano de paseo, loureiros ou varias acacias. A zona está sinalizada baixo o terraplén, onde se impide aparcar así expóñeno, ante poñen o aparcadoiro á natureza, e os traballos manteranse ata o día 24.

Vigo segue mostrando ao mundo que é unha cidade que non aposta pola natureza nin polos espazos verdes senón a súa grande aposta é polo empedrado de granito.

Hai que recordar que esta zona atopase no distrito 36201 da cidade de Vigo, o barrio faise chamar Canadelo Baixo, un barrio de clase obreira, é unha das illas urbanas cun encanto especial. Este barrio esta conformado polas ruas Serafín Avendaño, Rúa do Canadelo Baixo, Rúa Eira, Rúa Callao e Travesía Callao.

O barrio de Canadelo Baixo máis o de Canadelo Alto son dous dos barrios máis esquecidos da cidade concretamente levan máis de 30 anos abandonados polas instrucións, tan so se presentan as instucións para facer os desbroces e as tallas de árbores sans, os asfaltados por dicirse así ou mellor dito parcheados que teñen os devandito barrio son feitos cos cartos dos veciños, veciños que traballan nas tarefas de parcheados como no arranxo das beirarrúas.

Estas zonas de Vigo posúen algúns inmobles daquel Vigo de antes, con casas unifamiliares con pequeñitas parcelas como tamén parcelas onde cultivan eles mesmos hortalizas e hai outras cousas máis.

Dende o meu humilde blog solicito se isto o le alguén das instrucións que non se esqueza deste barrio, barrio que levan pedindo os seus veciños unhas melloras, levan moitos anos solicitando melleoras, melloras que son escoitadas, despois de ser escoitadas prométenlles que farán o que solicitan humildemente pero esas promesas non se traducen a feitos e realidades.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை Tallan novamente varias árbores na Detroit Viguesa.

  1. Pingback:A illa urbana de Canadelo Alto | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: