ை A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño reivindica que #RosaSeQueda

ilcanallarubens_ICR-Photographer_Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño_Vigo_2015

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño leva tres días na rúa colon, nos números 33-35 na UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios) en fronte xusto do farol da entrada á rúa do príncipe.

Desaloxala da súa casa e darlle un ano de aluguer social. Iso é o que ofrece Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI Santander) creada polo BSCH (Banco Santander) a unha familia viguesa. Rosa, de 46 anos, cun bebé de meses, que tivo que deixar de pagar a hipoteca, avalada coa casa da súa nai, tras quedarse sen traballo, poden verse na rúa.

Rosa está disposta a pagar o que pode: 300€ ao mes durante tres anos, pero a súa oferta non tivo resposta por parte da entidade, polo cal o procedemento segue o seu curso e podería quedar na rúa.

Ante esta situación, membros da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño, iniciou o martes unha serie de protestas diante da oficina de UCI Santander, despois de que en maio pasado conseguisen paralizar a poxa, despois de que un xuíz pedise revisar as cláusulas do crédito hipotecario, consideradas abusivas polo avogado de Rosa.

A PAH advirte de que hai “indicios claros de estafa” na concesión de hipotecas a persoas sen solvencia económica ou con traballo precarios, “que supón que estas persoas estean atadas ao banco durante toda a súa vida”. Ademais, moitos destes préstamos “teñen cláusulas ilegais, como xa reflectiron multitude de sentenzas”, entre elas que teñan que facer fronte ao pagamento de intereses tras as renegociacións dos acordos.

E tamén chama á atención o pasotismo das institucións públicas, Xunta e Concello de Vigo, que seguen mantendo, o de que en Vigo non hai desafiuzamentos.

As e os concentrados deixaron claro que, de non se arranxar polas boas este e outros casos pendentes na cidade, procederán a facer unha acampada-protesta diante do BSCH, responsable, en último caso, de UCI. Hoxe mesmo, 24 de xullo volverán a concentrarse aí ás 11:30h.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Una respuesta a “ை A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui-Baixo Miño reivindica que #RosaSeQueda

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: