ை O novo hospital de Vigo transfórmase nun novo río para a cidade por unhas horas.

ilcanallarubens_ Hospital Álvaro Cunqueiro_ Vigo _ 2015 copia

Unha avaría inunda varias zonas do novo hospital de Vigo converténdoo por un instante nun novo río da Detroit Viguesa. Os sindicatos captaron a inundación de varios corredores e o aparcadoiro. Hai zonas nas que foi necesario retirar o falso teito para realizar reparacións.

Os traballadores que acudiron a pasada mañá a Beade encontráronse con varios corredores da planta 0 e a zona A do aparcadoiro inundada. Os sindicatos puideron fotografar grandes charcos de auga nas instalacións do Álvaro Cunqueiro inauguradas hai un mes.

Ao parecer coas présas que ten Alberto Núñez Feijóo e a súa conselleira Roció Mosquera en poñer en marcha o hospital novo da cidade de Vigo ao cal lle chamo Comercial Cunqueiro en ser habilitado ao 101% non deberon de chequear se todo estaba ben concluído, e ao parecer non está nada ben concluído xa que o Sergas esta mañá pasada confirmo que se rexistro a rotura dun cano, menos mal que estamos en época estival pero bo non mo quero imaxinar cando cheguen as chuvias á cidade.

A canalización de auga rota foi de auga corrente e producíronse filtracións de auga “a un corredor dunha zona non asistencial”. O fallo “non” afectou a ningunha consulta” pero se á zona dos vestiarios do persoal e á área do aparcadoiro, reiteran dende a Administración do hospital esta mesma mañá que os problemas xa están solucionados.

“Esta é unha das moitas deficiencias dun hospital construído para facer negocios e non para atender aos enfermos da área sanitaria”, denunciaba Ángel Cameselle, de CCOO, na mobilización da Xunta de Persoal do Chuvi para esixir que o aparcadoiro sexa gratuíto. Por agora haberá que pagar 1,2€/h aos pacientes por aparcar facendo así que cada vez que teñamos que asistir pagar por que nos asistan, aos que, adiantaron, ofreceráselles a posibilidade de sacar un ‘bono’ mensual de 60€. Polo que se refire ao persoal, o ‘desconto’ ao que podería chegarse sería o pagamento de 40€ mensuais por aparcar, “na súa quenda”, o que resaltaron, “significará que os que aparquen na quenda de mañá, pagarán esa cantidade, e aos que teñan os de tarde e de noite, cobraránselles outros 40€, a cada uno… es dicir que, por cada praza, tendo en conta que hai tres quendas, a empresa concesionaria do aparcadoiro cobrará 120€ mensuais”, iso, “segundo os cálculos dos sindicatos”, representa uns 10 millóns de euros anuais de facturación.

A esta circunstancia, engadiron, súmase outra: a posible ilegalidade da situación do aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro posto que “en todos os demais hospitais públicos hai unha alternativa para os que non queren pagar por aparcar… aquí non, aquí só é posible deixar o coche no aparcadoiro e pagar por iso, non hai un espazo gratuíto no que estacionar”, un feito que, ao seu xuízo, estaría en contra da legalidade.

Como outro exemplo máis diso, puxeron a cafetaría, onde os prezos son moito máis altos que en calquera lugar de Vigo, “aproveitando que non hai outro establecimiento…ni un bar, nin unha cafetaría arredor”.

A media mañá aínda eran visibles as toallas no chan dalgúns corredores colocadas polo persoal de Limpeza e os falsos teitos abertos para evitar a acumulación de auga e que a avaría fose a maiores.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: