ை Lográmolo! A Gran Barreira de Coral, a salvo

ilcanallarubens_gran-barrera-coral_UNESCO_2015

Hai proxectos que son unha mala idea. Por exemplo, abrir unha nova mina de carbón, ese combustible do s. XIX, en lugar de apostar por renovables. Se ademais a mina ten un impacto ambiental sobre o medio mariño, é aínda peor. E se o lugar mariño onde impacta é un dos ecosistemas de arrecifes de coral máis importantes do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, entón xa é unha idea pésima.

Ese é o caso da mina Carmichael, a cargo da empresa Adani, na costa nordés de Australia. O proxecto inclúe o dragado do fondo mariño da Gran Barreira de Coral para poder expandir as instalacións portuarias do próximo porto de Abbot. Ademais, a propia actividade da mina xeraría un tránsito maior de buques, aumentando o risco de accidentes e verteduras nun ecosistema de gran valor que se encontra xa de por si nunha situación delicada: o 50% da coral desapareceu nos últimos 30 anos e o cambio climático é un dos principais causantes.

Evidentemente, a mina Carmichael e a Gran Barreira de Coral son incompatibles. O gris e negro do carbón, os buques e as verteduras son incompatibles coa cor vibrante dos arrecifes e as especies que os habitan. É a barreira de coral máis grande do mundo, fogar de 400 tipos de corais, 1.500 especies de peixes e de animais tan especiais como o dugong, un peculiar mamífero mariño, ou a tartaruga verde, ambos os dous ameazados. É unha xoia da natureza e unha icona mundial que hai que protexer.

Pero, por fortuna, lográmolo parar. A pesar do apoio do Ministerio de Medio australiano ao proxecto, a razón e a lóxica tiveron máis peso esta vez que os intereses da industria. A mobilización popular contra o proxecto de xente anónima dentro e fóra de Australia e de varias ONG, entre elas Greenpeace, foi masiva. Once grandes bancos fóronse retirando do proxecto ao consideralo un mal investimento. O último revés chegou hai poucos días cando o Tribunal Federal de Australia revogou o permiso para o proxecto.

Así, co non dos bancos, do Tribunal Federal e o da cidadanía, a Gran Barreira respira con alivio. Só queda que o Ministerio non inicie de novo os trámites do permiso para dar xaque mate definitivo a un proxecto sen sentido. Se o fai, alí estaremos para paralo de novo.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: